Solicitude de Bonificación ou Exención dun Tributo
Concesión de beneficios fiscais no Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.
A quen está dirixido
- Están lexitimadas para solicitar, ben por si mesmas ou por medio de representante, o beneficio fiscal, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 que sexan suxeitos pasivos do imposto.
EXENCIÓNS:
(E.1) Vehículos conducidos por persoas con unha discapacidade igual ou superior ao 33% os pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou gran invalidez.
(E.2) Vehículos matriculados a nome de persoas con discapacidade para o seu uso exclusivo, aplicándose a exención en tanto se manteñan ditas circunstancias, tanto os vehículos conducidos por persoas con discapacidade como os destinados ó seu transporte.
(E.3) Tractores, remolques e semirremolques provistos dá Cartilla de Inspección Agrícola.
BONIFICACIÓNS:
(B.1) Gozarán dunha bonificación do 100% da cota os vehículos históricos rexistrados na Dirección Xeral de Tráfico.
(B.2) Bonificación do 75% durante ano matriculación e seguinte para vehículos de motor eléctrico e/ou emisións nulas.
a. Vehículo eléctrico de baterías (BEV).
b. Vehículo eléctrico de autonomía estendida (REEV).
c. Vehículo eléctrico de células de combustible (FCV).
Documentación requerida
Exencións E1: vehículos conducidos por persoas con discapacidade
- Declaración de uso exclusivo do vehículo para o transporte da persoa beneficiaria da exención (modelo en "Documentos relacionados")
- Certificado oficial acreditativo do grao e a clase de minusvalía expedido pola Consellería de Asuntos Sociais da Xunta de Galicia ou o organismo competente da comunidade autónoma, en cada caso.
- Permiso de circulación do vehículo (no que conste a persoa discapacitada como propietaria exclusiva). Ademais, o domicilio do vehículo deberá coincidir co domicilio legal dela.
Exencións E2: vehículos destinados ao transporte de persoas discapacitadas
- Declaración de uso exclusivo do vehículo para o transporte da persoa beneficiaria da exención
- Certificado oficial acreditativo do grao e clase de minusvalía expedido pola Consellería de Asuntos Sociais da Xunta de Galicia ou o organismo competente da comunidade autónoma, en cada caso.
- Permiso de circulación do vehículo (no que conste a persoa discapacitada como propietaria exclusiva)
- Exencións E.3: tractores, remolques e semirremolques provistos da Cartilla de Inspección Agrícola
- • Tarxeta de características técnicas do vehículo ou ficha técnica
- • DNI da persoa titular
- • Cartilla de Inspección Agrícola
Bonificacións B.1: vehículos históricos.
- • Documento acreditativo da catalogación como tal polo órgano competente da Comunidade Autónoma.
Bonificacións B.2: vehículos de motor eléctrico.
- • Ficha técnica do vehículo
Normativa aplicable
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
- Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais
- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
- Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria
- Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación