GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

 

Recollida de animais abandonados


Centro de acollida: 626 602 021

Recollida de animais abandonados: 988 483 001

Información Deputación Provincial de Ourense: 988 317 670 - 988 317 671

 

Canceiras Servizo Provincial

Dende este servizo poderás solicitar recollidas de animais, comunicar perdas, facer adopcións etc...

ACCEDER

Formularios

Desde este enlace accederás a descarga de documentos para a tramitación de diversas solicitudes.

ACCEDER

 

A recollida dos animais abandonados (“aqueles que vagan libremente e durante varios días, sen que se coñeza o seu propietario”) é competencia dos concellos. Neste sentido o Concello de Cortegada está adherido ao convenio da Deputación Provincial.


Os animais son recollidos en orixe e trasladados a un dos centros de acollida. Nos casos en que é posible a localización do propietario (animais rexistrados), a devolución faise coa maior brevidade. Noutro caso, os animais son ingresados nun centro.


No caso de que non aparecese o propietario no prazo legal (lei 1/93 de protección de animais domésticos) de 20 días hábiles trala súa recollida, os animais pasan a ser propiedade da Rede Provincial e a estar dispoñibles para a súa adopción.


Durante a súa estadía no centro, todos os animais reciben tratamento antiparasitario e atención veterinaria cando a precisen. Non se realizan sacrificios de animais, agás eutanasia por estritos motivos humanitarios e sempre por prescrición facultativa.


Se vostede atopa un animal abandonado, fáganolo saber chamando a un dos teléfonos de contacto ou ao concello que corresponda.


Por favor, teña en conta que un animal solto non é necesariamente abandonado. Antes de chamar asegúrese de que non pertence a un veciño da zona.