O CAMIÑO XACOBEO MIÑOTO RIBEIRO
DE BRAGA A SANTIAGO DE COMPOSTELA
O Camiño de Santiago entra no noso municipio polo lugar de Ponte Trado, pola ponte histórica que sufriu diversas reformas.Unha vez cruzada a ponte xiramos á esquerda que nos levará por un camiño paralelo ao río Deva ata un pontón. cruzarémolo e seguiremos o camiño ascendente de terra que nos levará ata a aldea de Vilanova da Barca.
Sigue pola pista asfaltada e xiraremos á esquerda para coller unha pista de terra ata chegar ao novo Balneario de Cortegada e dende alí ao centro da Vila pasando preto da igrexa cuxa advocación é Santiago e no seu interior hai unha talla de Santiago Peregrino.
Desde Cortegada seguimos por unha pista asfaltada á dereita que nos leva ata a igrexa de San Bieito (San Benito) pasando antes polo lugar dos Muíños. Desde alí dirección norte e por estrada ata chegar pouco antes do núcleo de Meréns onde collemos á esquerda un camiño que nos achega ata a entrada da aldea, ascendemos polo camiño que nos levará a un peto de ánimas e a Casa dos Sarmiento, chegamos ata a igrexa parroquial, na que no seu interior hai unha ara romana, continuando á dereita ascendendo pola aldea á saída collemos un camiño de terra entre muros cun ancho de 3 m e con tramos lousados ata chegar ao outro camiño de terra máis ancho.
Desde Meréns entraría o roteiro polo camiño de terra que chega ata as aldeas de Lapela e Remil xa no Concello de Arnoia.
Este itinerario ten 3 entradas desde Portugal a Galicia:
- 1. O itinerario principal, dende Braga hacia Vilaverde, Ponte da Barca, Arcos de Valdevez, Monçao e Melgaço atravesando o Concellos de Padrenda, Pontedeva, Cortegada, Arnoia, Castrelo de Miño, Ribadavia, Beade, Leiro, O Carballiño, Boborás, Beariz, Forcarei, A Estrada, Vedra, Boqueixón e Santiago de Compostela.
- 2. Braga, Ponte da Barca cara a Baixa Limia, Lobios e Entrimo, Castro Leboreiro, onde xa se uniría co itinerario principal.
3. Terras de Bouro ata as proximidades da vila de Lobios, Entrimo e Castro Leboreiro (Portugal), onde se uniría o itinerario principal.