PARROQUIA DE ZAPARÍN
San Martiño de Zaparín ten unha superficie total de 222,69 hectáreas, e conta cun total de 6 entidades de poboación: Cerdeiral, Fondevila, Piñon, Raiña (A), Torre (A) e Zaparín.
Festividade parroquial: 11 de novembro
Desta parroquia destacamos
– Ara romana
– Conxunto de canastros de Piñon
O Balneario
Posiblemente o Balneario de Cortegada sexa un dos mellores balnearios de España, e sen dúbida, o máis completo da zona norte. As augas de Cortegada están consideradas das mellores de España polas súas propiedades mineiro medicinais. A nosa localización é privilexiada xa que pertencemos á comarca do Ribeiro, e estamos preto de Vigo e de Ourense. Ademais, o deseño das súas instalacións termais é exclusivo.
MáisImaxes
Cortegada Vila Termal
A Vila Termal de Cortegada era tamén coñecida como Cortegada de Baños, debido ás súas augas termais. Estamos situados nun precioso val xunto ao río Miño, na comarca do Ribeiro na provincia de Ourense.
MáisHistoria
A gastronomía de CORTEGADA caracterízase pola súa variada cociña tradicional e popular elaborada con produtos procedentes dos nosos ríos e campos, conservando a esenza culinaria tradicional, e que foi trasladándose ao longo dos anos dunhas xeracións a outras. Carne de xabarín, coello con arroz , Peixes como as troitas, e todo elo co bo viño do Ribeiro.
Máis