Persoeiros Históricos do Municipio de Cortegada
Fray Domingo Fermín de Vergara
No ano de 1695 tomou posesión do Obispado de Popayán o español Fray Diego Fermín de Vergara, da orde de San Agustín, preconizado por Clemente XII. En 1740 foi promovido ó arzobispado de Santa Fé (12). O 22 de agosto 1741 chegou o Arzobispo á capital, e no mes de abril seguinte recibiu o palio e deu principio ó exército do seu goberno. Este prelado deu protección decidida á súa orde en Santa Fé, e contribuiu á contrucción do colexio de Agustinos Calzados, espacioso edifico que ocupa a acera ocidental da antiga praza de San Agustín (13).
Faleceu o Arzobispo Vergara o 7 de febreiro de 1744, e o seu enterro tivo lugar na igrexa de Agustino Calzados. Dél existe un retrato na catedral ca inscripción que segue:
O Illmo. e Rmo. Sr. Mtro. D. Fr. Diego Fermín de Vergara, natural de Cortegada en Galicia, da Orde dos Ermitaños de S. Agustín na Prov.a Caft.a Definidor nela. Regt.e de estudos en Santiago. Prior de S.n Felipe. Examinador Sinodal do Arzobispado de Toledo. Teólogo na Nunciatura de España. Foi Obispo de Popayán e promovido a este Arzobispado do N.vo Reino de Granada.... Metropolitana de Santafé de Bogotá. Entrou o 26 de Agosto de.... (A data borrada é a de 1741).
En lembranza e agradecemento a Fray Fermín de Vergara polos donativos para a contrucción da igrexa parroquial, consérvase unha praca feita en pedra colocada na fachada principal da igrexa de San Martiño de Valongo. Consérvase tamén a súa casa natal e a capela do Rosario , fundada por él e co escudo episcopal na igrexa.
José Ojea Otero
Naceu en Cortegada (Ourense) o 16 de agosto de 1845 e finou na mesma vila o 3 de decembro de 1909. Foi escritor e político republicano que fixo parte da Real Academia Galega como membro numerario desde a súa fundación. Fillo dun canteiro, cursou Farmacia na universidade de Santiago de Compostela, onde axiña se revelou como poeta e narrador e onde, sobre todo, tomou contacto cos círculos republicanos e cos movementos antiautoritarios precursores da revolución de 1868.
Sendo moi novo accedeu á Deputación Provincial de Ourense, representando o seu distrito natal dentro das filas republicanas. Xa en 1873, ano da I República española, resultou elixido deputado ás Cortes constituíntes, polo que deixou o seu posto na corporación provincial ourensá. No entanto, coa disolución deste proxecto ao ano seguinte por parte do xeneral Pavia, Xosé Ojea Otero tivo que exiliarse en Portugal perante a represión dos primeiros tempos da primeira Restauración Borbónica (1874-1931).
Xa durante a monarquía de Alfonso XII, o noso biografado regresou á casa paterna en Cortegada onde rexentou a farmacia familiar e dedicou o seu tempo a escribir.
Ojea Otero ingresou na Real Academia Galega o 27 de outubro de 1905, ano da súa fundación, proposto pola Xunta de Goberno, e formou parte dos círculos de intelectuais do Rexurdimento cos que compartiu inquietudes políticas e intelectuais. Curros Enríquez (a quen prologou a primeira edición do seu libro Aires da miña terra), Manuel Murguía (a quen prologou a súa obra Célticos), Paz Novoa, Vázquez Moreiro, Claudio Fernández, Eduardo Chao (a quen lle dedica o seu libro de narracións El mundo rural), Luís A. Mestre Hernández, Serafín Temes ou Ildefonso Meruéndano, entre outros.
Entre as súas publicacións encóntranse as seguintes:
La visión dantesca. Vigo: Imp. de M. Fernández Dios, 1882.
Céltigos. Cuentos y leyendas de Galicia. Ourense: Imp. por Antonio Otero, 1883. Prólogo de Murguía.
El mundo rural. Cuadros de costumbres. A Coruña: Andrés Martínez, 1890. Reedición na Biblioteca Gallega de Martínez Salazar.
Olas rugientes: estudio dramático-filosófico. Ourense: Imp. de El Miño, 1898.
No seminario de La Habana, La Tierra Gallega, dirixido por Curros Enríquez, publicou a novela “Regalo de la vida”, que comezou a saír no nº.60 (1895). No semanario En Marcha, da mesma capital, viu a luz en 1906 a novela “Gentes sencillas”.
Fermín Bouza Brey
Ponteareas 1901 Cortegada 1973. Naceu en Ponteareas (Pontevedra) o 31 de marzo de 1901. Cursou Estudios de Filosofía, Letras e Dereito na Universidade Compostelana, doutorándose en Madrid. Ingresou na carreira xudicial e foi maxistrado de Santiago, Lérida, Pontevedra e na Territorial de Oviedo.
En 1923, sendo estudiante en Santiago e co motivo dunha visita á casa de Ortoño, donde viviu Rosalia de Castro, concebiu con outros compañeiros, A fundación Seminarios de Estudios Galegos, na que se fixo unha intensa labor, continuada logo na Sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto Pai Sarmiento. A súa principal actividade propiamente dita lévaa a cabo como poeta en Nao Senlleira, editorial Nós, Santiago, 1933. Recolle nesta obra un número limitado de composicións moi selectas, a maior parte delas foran publicadas, a partir de 1922, en Nós, revista na que despois colaborou asiduamente como poeta erudito.
Despois da Guerra Civil española publicou o seu segundo libro de versos; Seitura, Braga, s.d.. cunha ortografía adecuada ós lectores portugueses. Na colección «Lar» da novela corta, número 15, A Coruña. 1925, podemos ler o seu breve relato Cabalgadas no Salnés. Destas pezas literarias a que probablemente quedará como un hito na historia da literatura galega é a primera: Nao Senlleira.
Guillermo Álvarez Pérez
Naceu en Cortegada no ano 1867. Emigrou a Buenos Aires en 1885, para unirse alí ao seu pai Manuel Álvarez Vergara e o seu irmán Alfredo Álvarez Pérez. Traballou como obreiro da construción e formouse como arquitecto, realizando gran parte da súa obra na cidade de Buenos Aires, especificamente nos barrios de San Cristóbal, Constitución, Monserrat e Balvanera. Construíu co seu irmán Alfredo a Embaixada de España en Buenos Aires, entre outras obras representativas do denominado Modernismo.
Foi socio do Centro Gallego. Grazas á súa amizade co conde de Bugallal, doou para o seu natal Cortegada escolas, xulgado de paz, correos e telégrafos e estradas. Contribuíu a sufragar os gastos destas instalacións, principalmente a construción do edificio do Concello, xulgado, escolas e vivendas para mestres. No seu testamento deixou 100.000 pesetas para repartir entre os pobres do concello, 150.000 para construción da Casa do concello e da escola, e 3.000 pesetas para arranxo da praza. Foi condecorado por Alfonso XIII coa Gran Cruz de Isabel a Católica.
Na cidade de Buenos Aires realizou unha serie de obras de diversas escalas. Son especialmente destacables a denominada "Torre da pantasma", no barrio da Boca, o Hotel Delicia (situado en Solis 1449), e o edificio de vivendas situado en Avenida Entre Ríos 974, construído en 1930. A súa obra caracterízase por un estilo marcadamente persoal, con recorrencia de certos remates e ornamentos únicos.
En Cortegada, hai unha rúa co nome de Irmáns Álvarez. En homenaxe á súa achega, construíronse uns xardíns, onde instalaron un busto, obra de Francisco Asorey.
Alfredo Álvarez Pérez
Alfredo Álvarez Pérez, nacido en Cortegada, en 1868 e falecido en Buenos Aires, o 7 de novembro de 1924,[1] foi un arquitecto, construtor e filántropo galego.
Emigrou a Buenos Aires en 1885 co seu pai Alfredo Álvarez Pérez e o seu irmán Guillermo Álvarez Pérez, construíndo en conxunto unha gran cantidade de obras na cidade de Buenos Aires, as cales aínda é posible coñecer, como a denominada "Torre da Pantasma", no barrio da Boca. Inicialmente traballou como obreiro da construción e logo formouse como arquitecto. Construíu co seu irmán Guillermo a Embaixada de España en Buenos Aires. Foi socio fundador do Centro Gallego, para o que realizou a doazón do terreo onde este atópase na actualidade. Ademais, foi presidente do Consello de Administración do Banco Español del Río da Prata, e participou da Asociación Patriótica Española e da Azucreira Arxentina. Foi presidente do Centro Galego de Bos Aire (1918-1923).
Enrique Carpintero Araujo
Enrique Carpintero Araujo naceu o 24 de setembro de 1932 en San Bieito do Rabiño. Estivo casado con dona Dolores Vázquez Méndez, coa que tivo catro fillos: Enrique, María Teresa, Juan Manuel e María Dolores.
Funcionario de Correos de profesión, iniciou a súa traxectoria política no Concello de Cortegada no ano 1970, asumindo inicialmente o cargo de tenente de alcalde. En 1974 foi nomeado alcalde polo gobernador civil da época, Daniel Regalado Aznar. Coa chegada da democracia, encabezou candidaturas municipais primeiro con Alianza Popular e posteriormente co Partido Popular, obtendo sempre maiorías absolutas. Foi alcalde de Cortegada durante 33 anos, ata a súa retirada voluntaria en maio de 2007. Ademais, representou ao Partido Popular na Deputación Provincial de Ourense durante tres lexislaturas.
Durante o seu longo mandato como rexedor, o municipio experimentou un notable desenvolvemento: implantouse o alumeado público, abríronse e asfaltáronse pistas, construíronse redes de abastecemento de auga e saneamento, un campo de fútbol, un policlínico, un polideportivo, unha piscina municipal e múltiples locais sociais, entre outras infraestruturas que melloraron significativamente a calidade de vida dos veciños.
O 8 de maio de 2008, tras coñecerse o seu falecemento, o Concello de Cortegada declarou por unanimidade tres días de loito oficial e emitiu un manifesto institucional no que se recoñecía de forma expresa a súa destacada contribución ao progreso do municipio.
Os seus restos descansan no cemiterio parroquial de San Bieito do Rabiño.
Plácido Méndez Domínguez
Plácido Méndez Domínguez, servizo e entrega á Vila de Cortegada
Plácido Méndez Domínguez naceu en Cortegada o 26 de decembro de 1948, fillo de Plácido e María Remedios. Ós oito anos quedou orfo e foi criado polos seus avós, Marcial e Isabel. Comezou a súa formación na escola do Alto da Barca e máis tarde continuou os estudos no colexio dos Maristas, en Ourense.
A xente da vila adoita dicir que “se fixo a si mesmo”. Apaixonado pola lectura, nunca deixaba pasar un día sen ler antes de deitarse; boa mostra desto é a ampla biblioteca que chegou a reunir na súa casa.
Con tan só dezaoito anos iniciou a súa carreira profesional no Concello de Cortegada, traballando inicialmente no arquivo municipal baixo o mandato do alcalde Andrés Gil Carpintero. Dous anos despois pasou a formar parte da plantilla municipal como funcionario, onde prestou servizo durante 32 anos nos cargos de auxiliar administrativo, bibliotecario e porteiro.
Plácido foi sempre un home comprometido coa súa vila. Dedicou boa parte da súa vida ao desenvolvemento social, cultural e deportivo de Cortegada. En 1981 fundou o Club de Fútbol Cortegada e tamén a Peña Sector Crítico. Foi impulsor e fundador da Agrupación Musical Monte do Baño, e presidiu a asemblea local da Cruz Vermella durante 13 anos. Ademais, foi secretario do Coto de Caza, membro activo da Asociación de Pais e Nais (A.P.A.) e un dos principais promotores dos tradicionais carnavais da vila.
Moi querido polos veciños e coñecidos dos arredores, Plácido era unha persoa xenerosa e sempre disposta a axudar. Como funcionario, destacaba pola súa entrega total, dispoñible as 24 horas do día para todo aquel que o precisase.
Tras unha longa enfermidade, faleceu en Cortegada o 16 de xuño de 1999, deixando un fondo recordo e un legado de compromiso e amor pola súa terra.
En Cortegada, hai unha rúa co nome de Plácido Méndez, en homenaxe á súa traxectoria.
José Manuel Otero Novas
(Vigo, 20 de marzo de 1940) é un xurista, político e escritor español. Foi ministro da Presidencia (1977-1979) e ministro de Educación (1979-1980) nos gobernos de Adolfo Suárez, durante a Transición. Está casado con Nieves Miranda Zapico, licenciada en Dereito, e teñen dúas fillas: Elena María e Irene.
Titulouse como licenciado en Dereito pola Universidade de Oviedo, e recibiu o premio extraordinario. Estudou tamén un diplomado en Dereito Comparado Hispanoamericano na Universidade de Madrid.
É avogado do Estado por oposición desde 1967, e exerceu como tal, sucesivamente, na Administración e Tribunais de Lugo, na Audiencia Nacional e no Tribunal Supremo.[1] Inspector dos servizos do Ministerio de Economía e Facenda por concurso-oposición desde 1974.
Compatibilizou sempre as súas funcións de avogado do Estado ou de inspector dos Servizos co exercicio libre da avogacía, especialmente en cuestións empresariais.[1]Como consecuencia, foi letrado asesor, conselleiro e nalgún caso presidente, de empresas, especialmente nos sectores da banca (Grupo Banco Exterior de España e filiais estranxeiras), seguros (A Unión e o Fénix, AGF Ou.F. e filiais), transportes (Transfesa, Elcano, Remolcanosa), construción (U. e o Fénix, Grupo Empresarial San José), enerxía (Cepsa), prensa (Edica) e outras.
Foi membro do Grupo Tácito, que propugnou publicamente a democracia durante as postrimerías do franquismo e que nucleó os gobernos da Transición. Foi xefe do Gabinete Técnico da Subsecretaría de Facenda (1974).[1]Tras a morte de Francisco Franco, foi director xeneral de Política interior (1975-1976) con Manuel Fraga Iribarne á fronte do Ministerio da Gobernación.[3] A continuación foi subsecretario técnico do presidente do goberno,[4] con Adolfo Suárez, onde colaborou na Lei para a Reforma Política, na legalización de partidos políticos e nas primeiras eleccións xerais, e achegou cos seus colaboradores o borrador inicial da Constitución, elaborado dentro do ámbito do goberno.
Ministro da Presidencia (1977-1979)
Ministro de Educación (1979-1980)
Foi membro do Comité Executivo Nacional e deputado ao Congreso por UCD, e logo tamén ambas as funcións polo Partido Popular. Na lexislatura 1989-1993, foi portavoz do PP na Comisión de Orzamentos.
Desde 1996, está á marxe da política activa.
Na vila de Cortegada hai unha rúa chamada Otero Novas, na que tamén se atopa o Centro Escolar co mesmo nome.








