GAL / ESP

Horario: 9:00 a 14:00

Contacta

TERMALISMO


CORTEGADA, UNHA VILA TERMAL HISTÓRICA

Cortegada é unha vila ligada ao termalismo, coñecida tamén como "Cortegada de Baños". A riqueza das súas augas menciónase en escritos do ano 1497, aínda que non serían realmente coñecidas ata 1764 e utilizadas ata 1847. É xa a partir desa data cando debido á gran afluencia de público que se reúne no lugar con fins curativos, desgnase un médico-director e mellóranse as bañeiras existentes coa construción dunhas casetas de madeira que se desmontaban en inverno, posto que a tempada oficial de baños era de xuño a setembro. Tuveron o recoñecemento de "centro de utilidade pública" en abril de 1869.

Balneario de 1937

ENTRAR

Termas Baño do Monte

ENTRAR