PARROQUIA DE CORTEGADA
Santa María de Cortegada ten unha superficie total de 312,22 hectáreas, é a única entidade de poboación.
Festividade parroquial: 25 de xullo, Santiago Apóstol.
Desta parroquia destacamos
– Igrexa de Santa María
– Pazo do Cid
– Balneario histórico de 1937
– Termas Baño do Monte
– Mirador Coto da Pena
– Mirador a Bouza
O Balneario (Club termal)
O Club Termal e o Balneario de Cortegada dispoñen, posiblemente, da mellor oferta termal e balnearia actual para poder gozar de todo un universo de sensacións pracenteiras de benestar, relax e lecer saudable.
Características das augas: Inodoras, transparentes e de cheiro e sabor axofrado non moi intenso. Na composición son de mineralización débil e sulfurado-sódica.
Temperatura: 25-23 C.
Indicacións: Problemas reumatolóxicos e de pel. Tamén están indicadas para os problemas de estrés.
MáisImaxes
Balneario de 1937
Unha das imaxes máis emblemáticas do municipio é antigo balneario de 1937, un edificio modernista moi bonito nunha contorna paisaxística espectacular.
No ano 2019 reformase completamente e recupera todo o seu esplendor para lembrar o que un día foi. Hoxe está adicado a museo do termalismo e restaurante.
MáisHistoria
A gastronomía de CORTEGADA caracterízase pola súa variada cociña tradicional e popular elaborada con produtos procedentes dos nosos ríos e campos, conservando a esenza culinaria tradicional, e que foi trasladándose ao longo dos anos dunhas xeracións a outras. Carne de xabarín, coello con arroz , Peixes como as troitas, e todo elo co bo viño do Ribeiro.
Máis