Domiciliación de tributos (Alta, baixa ou modificación)

Trámite aberto todo o ano
- Solicitar a domiciliación de tributos municipais xestionados polo departamento de recadación do concello. Supón ordenar a unha entidade financeira o pagamento de tributos municipais con cargo á conta do solicitante.
A quen está dirixido
- Poderá solicitar a domiciliación o obrigado ao pago, ou ben dun terceiro non obrigado ao pago, con coñecemento de aquel, para o que deberán dirixir comunicación Recadación a lo menos dous meses antes do comezo do período voluntario de ingreso. Noutra caso, a comunicación terá efectos a partires do período seguinte.
Como facelo
- Preferentemente de forma telemática a través do botón "Tramitar" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Tramitación electrónica |
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican. |
tramitar |
Presencialmente |
Prema no botón para descargar o formulario e siga os pasos que se lle indican. |
descargar |
Documentación requerida
- • Solicitude en modelo normalizado
- • Copia do NIF do titular do recibo. No caso de que o titular da conta non sexa o titular do recibo, tamén o NIF desta persoa, e solicitude asinada por ámbolos dous. Só si o solicitante actúa a través de representante. En caso de persoa xurídica (representación legal) a representación se acreditará mediante poder bastante, ben a través de documento público ou ben a través dun documento privado con sinatura lexitimada notarialmente ou por comparecencia. En caso de persoas físicas (representación voluntaria) será suficiente con que asinen a solicitude o representante e o solicitante, e se achegue copia dos NIF de ambos.
- • Domiciliación, deberá aportar certicado de conta bancaria IBAN
Normativa aplicable
- Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria (LXT, en adiante).
- RD 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de recadación (artigos. 25, 34 e 35).
- Ordenanza Fiscal Xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público do concello de Ames (artigo 40).
- Aspectos destacables da normativa aplicable:
- As domiciliacións terán validez por tempo indefinido, se ben os solicitantes poderán anulalas en calquera momento.
- A domiciliación perderá a validez cando o solicite o interesado, cando sexa rexeitada pola entidade financeira en dúas ocasións consecutivas, ou cando o concello de Ames o dispoña expresamente por causas xustificadas.
- Poderá domiciliarse o pago nunha conta que non sexa da titularidade do obrigado, sempre que o titular de dita conta autorice a domiciliación.
- Non se poden abonas por domiciliación as liquidacións nin as autoliquidacións.
- No caso de que a información que lle traslada a entidade financeira non lle permita identificar con claridade o concepto de ingreso e o período pasado ao cobro, no caso dos recibos polo ciclo integral da auga, deberán corresponderse co documento que Espina y Delfín S.L. lle remite trimestralmente ao seu domicilio. No caso doutros tributos ou ingresos de dereito público poderá pedir información e un duplicado en Recadación. Advírtese que si vostede non fose o titular do recibo, o documento que se expida non conterá datos de carácter persoal, só datos referidos á débeda.