GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

 

Declaración de (Alta, baixa ou modificación) en taxas


    FC-007

    Trámite aberto todo a ano

    Procedemento dirixido a:

    Persoas físicas ou xurídicas 

    Tramitación electrónica

    TRAMITAR

     

    Presencialmente en oficinas

    descargar

     

    Solicitar a domiciliación de tributos municipais xestionados polo departamento de  recadación do concello. Supón ordenar a unha entidade financeira o pagamento de tributos municipais con cargo á conta do solicitante.

 

A quen está dirixido

  • Poderá solicitar a domiciliación o obrigado ao pago, ou ben dun terceiro non obrigado ao pago, con coñecemento de aquel, para o que deberán dirixir comunicación Recadación a lo menos dous meses antes do comezo do período voluntario de ingreso. Noutra caso, a comunicación terá efectos a partires do período seguinte.

 

Documentación requerida

  • • Solicitude en modelo normalizado
  • • Copia do NIF do titular do recibo. No caso de que o titular da conta non sexa o titular do recibo, tamén o NIF desta persoa, e solicitude asinada por ámbolos dous. Só si o solicitante actúa a través de representante. En caso de persoa xurídica (representación legal) a representación se acreditará mediante poder bastante, ben a través de documento público ou ben a través dun documento privado con sinatura lexitimada notarialmente ou por comparecencia. En caso de persoas físicas (representación voluntaria) será suficiente con que asinen a solicitude o representante e o solicitante, e se achegue copia dos NIF de ambos.

 

Normativa aplicable

  • Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria (LXT, en adiante).
  • RD 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de recadación (artigos. 25, 34 e 35).
  • Ordenanza Fiscal Xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público do concello de Ames (artigo 40).