QUEIXAS E SUXESTIÓNS
V
Trámite aberto todo o ano
- O procedemento "Reclamacións, Queixas e Suxestións" ten por obxecto articular o dereito da veciñanza a formular suxestións, expor queixas ou presentar reclamacións ante a Entidade Local.
A quen está dirixido
- Calquera persoa física ou xurídica que desexe presentar unha suxestión, queixa ou reclamación.
Como facelo
- Preferentemente de forma telemática a través do botón “Tramitar”. Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro da Entidade Local, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Documentación requerida
- Solicitude de reclamacións, queixas e suxestións.
- Variable en función do documento anexado polo interesado. Anexo libre; admítese calquera documentación que reforce a reclamación, queixa ou suxestión presentada.
Normativa aplicable
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
- Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.