Declaración responsable en Materia Urbanística

Trámite aberto todo o ano
Mediante a comunicación previa as persoas interesadas poñen en coñecemento da administración Pública competente os seus datos identificativos e demais requisitos esixibles para o exercicio dun dereito ou inicio dunha actividade, consonte co establecido no artigo 70.1 da lei 30/1992, de 23 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Son obras menores as caracterizadas pola súa escasa entidade económica e pola súa sinxeleza técnica que lles exime da necesidade de documentación técnica, dirixidas á simple reparación, decoración, ou mantemento e limpeza. Inclúense neste concepto as obras enumeradas na seguinte relación:
Relación de obras menores suxeitas ao réxime de comunicación previa
1. Mantemento de partes non edificables de parcelas e solares:
1a. Limpeza e desbroce interior de parcelas e solares, sen movementos de terras nin tala de arboredo.
1b. Reparación de peches de parcelas sen afeccións estruturais.
2. Mantemento de fachadas dos edificios:
2a. Reparación e substitucións de elementos auxiliares da cuberta ( canalóns, baixantes e varandas)
2b. Limpeza e pintado de fachadas.
2c. Cambio de carpintería exterior, persianas, varandas ou similares.
3. Mantemento de cubertas dos edificios:
3a. Substitución puntual de material de cubertas ou terrazas.
4. Mantemento e actualizacións das instalacións dos edificios:
4a. Substitucións de instalacións privativas de vivenda ou local ( auga, gas, electricidade, desagüe ou similar)
4b. Novas instalacións non encastradas en elementos estruturais ( vigas, pilares, paredes mestras, etc.)
4c. Mantemento de instalacións comúns do edificio ( ascensor, caldeiras, etc.)
5. Mantemento dos acabados interiores dos edificios:
5a. En paredes, solos e falsos teitos.
5b. Reformas en cociñas ou baños que non modifiquen as divisións interiores.
A comunicación previa deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles.
O resto das obras menores nas que é necesario achegar documentación técnica tramitaranse tamén polo procedemento de comunicación previa descrito no apartado seguinte.
A quen está dirixido
- Calquera persoa física que desexe comunicar o inicio dunha obra.
Como facelo
- Preferentemente de forma telemática a través do botón "Tramitar" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Tramitación electrónica |
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican. |
tramitar |
Presencialmente |
Prema no botón para descargar o formulario e siga os pasos que se lle indican. |
descargar |
Documentación requerida
- Comunicación Previa de Obra.
- En caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia do poder para representalo.
- Descrición suficiente das características do acto de que se trate cun esbozo ou descrición gráfica.
- No seu caso, proxecto técnico esixible legalmente e declaración do/a técnico/a ou os/as técnicos/as facultativos/as que autoricen o proxecto de que este cumpre en todos os seus extremos coa ordenación urbanística de aplicación.
- Orzamento detallado.
- Fotografías de estado actual (previo á realización da obra) en caso de obras de reparación.
- Copia das restantes autorizacións e, no seu caso, concesións administrativas cando fosen legalmente esixibles ao solicitante, ou acreditación de haberse solicitado o seu outorgamento.
- Documento de avaliación ambiental, si é o caso.
- Copia da autorización ou ditame ambiental, así como das restantes autorizacións, concesións ou informes sectoriais cando fosen legalmente esixibles.
- Xustificante de pago dos tributos municipais.
Normativa aplicable
Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.