Plan Madruga 2026-2027
A través deste trámite poderá solicitar a inscrición no Plan Madruga, un servizo de atención e acollida do alumnado antes do inicio da xornada lectiva. Para realizar a solicitude, deberá cubrir o formulario de inscrición e achegar, de ser o caso, a documentación requirida.
Unha vez presentada a solicitude, esta será revisada e comunicaráselle á persoa solicitante a resolución ou a confirmación da praza.
A quen está dirixido
Calquera persoa física ou xurídica.
Requisitos e documentación
• Solicitude.
• Fotocopia do DNI pai/nai/titor.
• Tarxeta da Seguridade Social do neno/a.
• No caso de alerxias ou intolerancias, deberá achegar informe do médico do neno/a.
Despois de presentar
Unha vez resolta a solicitude do Plan Madruga, deberá realizar a autoliquidación correspondente á inscrición.

