XESTIÓN DA BIOMASA NAS FAIXAS SECUNDARIAS
Como consultar e localizar as fincas afectadas pola xestión de biomasa e modelo de alegacións
As persoas titulares de fincas que recibiron cartas nas que se lles notificaba un requirimento para a xestión de biomasa en faixas secundarias, teñen nas oficinas do Concello á súa disposición un modelo de alegacións, que tamén pode descargarse na seguinte ligazón:
A instancia pode presentarse nas oficinas do Concello ou a través da Sede electrónica.
Na seguinte ligazón poden descargar os mapas das zonas de Cortegada coas faixas secundarias.
Tamén poden consultar as fincas afectadas, e mesmo ver que superficie da parcela está afectada, no visor de faixas secundarias da Xunta de Galicia:
Na lupa que aparece na parte superior en azul, poden facer a busca por lugares de Catoira, ou ben introducir a referencia catastral na sección Catastro. Unha vez introducidos os datos deben facer facer clic na lupa gris.