GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

 

XVII Roteiro por terras de Cortegada 2026


¿Comeza a conta atrás para a próxima edición?

Días
Horas
Minutos
Segundos

 

 

25 de outubro de 2026

Entrega de dorsais ás 8:30, saída ás 9:00 horas.

 

Prazo de inscrición dende o 1 ao 22 de outubro, ata un máximo de 350 participantes.

 

INSCRICIÓNS:

Presencial

Ribadavia: Tenda GLOTÓN (988 470 014).

    Ourense: Deportes INTERSPORT BOUSO (988 226 592)

    Ourense: Deportes MONCHO (988 250 274).


    Nas oficinas municipais:

    De luns a venres no horario de 9:30 a 13:30 horas, poderá facer o pago nas mesmas oficinas, ou ben nas contas habilitadas: 

     

    ES38 0030 6073 2308 7000 0271 - Banco de Santander.

    ES86 2080 5294 7331 1000 5079 - Abanca.

     

    No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita. Una vez feito o ingreso, poderá pasar a recoller o dorsal achegando o xustificante de pago.

Online

1º Realizar o ingreso de 10 € por participante, no concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME do primeiro inscrito.

 

ES38 0030 6073 2308 7000 0271 - Banco de Santander

ES86 2080 5294 7331 1000 5079 - Abanca

 

2º Logo deberá cubrir o formulario e axuntar a copia da transferencia. O dorsal será entregado na saída o día da andaina.

 

* GRUPOS: Pódese o facer o ingreso polo total dos participantes, logo no formulario hai que cubrir os campos cos nomes dos participantes.


 

PERCORRIDO

Vaise realizar sobre dous tramos circulares de 22,380 e 13,850 quilómetros.

 

TRAMO A
Balneario - A Barca - Vao - Meréns - Louredo - Seixomil e Cortegada. Distancia: 18,300 qms.


TRAMO B
Balneario - A Barca - Vao - A Eirexa - Seixomil e Cortegada. Distancia: 13,850 qms.

 

Todo o percorrido estará sinalizado, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos pola organización. O participante que se retire deberá avisar no control máis próximo.
O perfil da proba pode considerarse de dificultade Media.


3 Avituallamentos líquidos e sólidos.

DORSAIS

Recollida de dorsais de 8:00 a 8:45 horas, solo para as inscricións online e deberán presentar mail de confirmación de inscrición.


Se quedasen dorsais libres, poderán recollerse na saída o mesmo día ás 8:45 horas, antes do comezo da proba e ata chegar ao tope de 350 participantes.


Non se permitirá participar a ningunha persoa sen dorsal.

RESPONSABILIDADES

A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión.

PREMIOS

Tódolos participantes terán dereito a un agasallo conmemorativo.
Haberá sorteos entre tódolos participantes.