Modificación no Padrón por Cambio de Domicilio dentro do Mesmo Municipio.

Trámite aberto todo o ano
- O Padrón é o rexistro que acredita a residencia e o enderezo dos veciños do municipio para tódolos efectos administrativos.
A quen está dirixido
-
Toda persoa que viva en España ten a obriga de inscribirse no padrón do municipio onde reside habitualmente.
Este trámite vai dirixido a aquelas persoas inscritas que queren actualizar os seus datos por cambio de domicilio dentro do mesmo municipio.
Como facelo
- Preferentemente de forma telemática a través do botón "Tramitar" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Documentación requerida
Solicitude de cambio de domicilio
- Documento que acredite a identidade das persoas inscritas
Traer o documento ORIXINAL, e se é o caso, tamén o da persoa que autoriza novas inscricións nunha folla xa existente: - D.N.I. (imprescindíbel maiores de 14 anos) - Pasaporte - Tarxeta de estranxeiro - Libro de familia para os menores. - Para os menores procedentes do estranxeiro que no seu pasaporte non figuren os nomes dos pais, terán que aportar unha partida de nacemento ou libro de familia do seu país. - Documento que acredite a ocupación da vivenda
Traer o documento ORIXINAL (Escritura de propiedade, contrato arrendamento en vigor e último recibo pago, contrato o factura actual emitido pola compañía subministradora de auga, gas, electricidade, teléfono, etc.) - No caso de Cambio de Domicilio dun Menor
- Consultar na Oficina de Estatística
- Consultar na Oficina de Estatística
Observacións
- No caso de haxa unha persoa censada no mesmo domicilio, deberá autorizar a inscrición.
- Os que vivan en máis dun municipio inscribiranse no que residan durante máis tempo ó ano.
- O veciño ten dereito a coñecer a información que consta no Padrón sobre a súa persoa e a esixir a súa rectificación cando sexa errónea ou incorrecta.
- A presentación da folla de inscrición / modificación cumprimentada no Concello implica a súa conformidade para actualizar o Censo Electoral en consonancia cos datos reflectidos nela.
Normativa aplicable
- Resolución do 3 de febreiro de 2023, da Presidencia do Instituto Nacional de Estatística e da Dirección Xeral de Cooperación Autonómica e Local, pola que se modifica a do 17 de febreiro de 2020, pola que se ditan instrucións técnicas aos Concellos sobre xestión do Padrón municipal.
- Real Decreto 2612/1996, do 20 de decembro, polo que se modifica o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais aprobado polo Real Decreto 1690/1986, do 11 de xullo.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
- Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

