SIA 847383 - ALTA OU RENOVACIÓN DA INSCRICIÓN NO PADRÓN MUNICIPAL DE HABITANTES
V
Trámite aberto todo o ano
- O procedemento de "solicitude de alta e modificacións padronais" regula a inscrición dunha persoa no padrón municipal de habitantes, así como as sucesivas modificacións dos seus datos.
A quen está dirixido
- Calquera persoa física que desexe realizar unha alta ou modificación de datos no rexistro de habitantes do municipio.
Como facelo
- Preferentemente de forma telemática a través do botón "Tramitar" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Documentación requerida
- Solicitude de Alta e Modificacións padronais. Folla de instruccións.
- Cando se trate dunha nova folla de inscrición, asinarán todas as persoas maiores de idade que se inscriban (a maiores da persoa que presenta). Modelo de Autorizacion de inscrición (firma da Folla).
- Documento que acredite a identidade das persoas rexistradas (DNI, NIE, Pasaporte, Libro de familia para os menores de 15 anos, …)
- Documentación acreditativa do parentesco/representación. No caso de menores de idade:
- Menor que se empadroa con ambos proxenitores:
- Libro de familia ou certificado de nacemento.
- Autorización do outro proxenitor (a maiores do que presenta). Modelo de Autorizacion de inscrición.
- Menor que se empadroa con un só dos proxenitores:
- Cando hai resolución xudicial (garda e custodia):
- Resolución xudicial que se pronuncie sobre a guarda e custodia do menor ou da menor.
- Consentimento do outro proxenitor ou autorización xudicial, en virtude do art. 154 do Código Civil, para o cambio de domicilio ou residencia.
- Excepcionalmente, en determinados supostos, declaración responsable xustificando a imposibilidade de dispoñer da firma do outro proxenitor (Modelo I).
- Se a guarda e custodia é compartida, e a resolución non se pronuncia sobre o lugar de empadroamento, deberá achegarse sempre o mutuo acordo de ambos os proxenitores ou unha resolución xudicial que se pronuncie expresamente sobre o empadroamento.
- Se non existe resolución xudicial (garda e custodia):
- Consentimento do outro proxenitor ou autorización xudicial.
- Excepcionalmente, en determinados supostos, declaración responsable xustificando a imposibilidade de dispoñer da firma do outro proxenitor (Modelo II).
- Cando hai resolución xudicial (garda e custodia):
- Menor que se empadroa con persoas diferentes aos seus proxenitores: autorización de ambos proxenitores ou de un deles (Modelo I o Modelo II segundo proceda). No caso de tutela ou acollemento, resolución xudicial ou administrativa onde se estableza.
- Menor que se empadroa con ambos proxenitores:
- Documento que acredite a ocupación da vivenda (escritura de propiedade, contrato de arrendamento e último recibo de aluguer, ...) Este documento non é necesario no caso de incorporación de novos habitantes a un grupo familiar xa empadroado.
- Autorización de empadroamento. En caso de querer formalizar o empadroamento en vivenda allea, o propietario da mesma, ou ben o arrendatario, debe autorizar este empadroamento. Modelo de Autorización
- En caso de rectificación ou actualización de datos, documento acreditativo do dato correcto.
Normativa aplicable
- Resolución do 3 de febreiro de 2023, da Presidencia do Instituto Nacional de Estatística e da Dirección Xeral de Cooperación Autonómica e Local, pola que se modifica a do 17 de febreiro de 2020, pola que se ditan instrucións técnicas aos Concellos sobre xestión do Padrón municipal.
- Real Decreto 2612/1996, do 20 de decembro, polo que se modifica o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais aprobado polo Real Decreto 1690/1986, do 11 de xullo.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
- Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.