Puntos de Recollida de Roupa Usada
O Concello ten a disposición dos veciños e veciñas dous contedores habilitados para a recollida de roupa usada, co obxectivo de fomentar a reciclaxe e a reutilización de pezas en bo estado, contribuíndo así a un modelo máis sostible e solidario.
Localización dos contedores:
- Rúa Otero Novas - Cortegada
- O Casal - Valongo
Pódense depositar roupa, calzado, complementos e téxtiles do fogar (sabas, toallas, cortinas etc.)/ etc.) sempre que estean limpos e en bo estado. Todo o material recolleito será destinado a fins sociais e ambientais, en colaboración con entidades especializadas.
Colabora e axuda a dar unha segunda vida ao que xa non usas.
Para máis información, poden contactar co Concello a través do teléfono 988 483 001 ou do correo electrónico concello.cortegada@eidolocal.es
