GAL / ESP

Horario: 9:00 a 14:00

Contacta

REXISTRO DE MASCOTAS


 

Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía

O REGIAC (Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía) é un rexistro informatizado onde se recolle toda a información dos microchips dos cans identificados en Galicia. É propiedade da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, e actualmente está xestionado polo Consello Galego de Colexios Veterinarios.

 

A identificación individual con microchip é obrigatoria:

- Para tódolos animais potencialmente perigosos desde xullo de 2002.

- Para tódolos cans desde xullo de 2003.

 

A identificación definitiva supón a marcaxe con microchip e o procesamento informático dos datos relativos á marcaxe. O microchip asigna ao animal un código de identificación individual que permite diferencialo doutro, relacionando a súa propiedade cunha persoa física ou xurídica.

A modo de exemplo, en persoas, o censado podería ser algo similar a un empadroamento a nivel de concello, e a identificación individual sería algo similar ao noso DNI, e do mesmo modo que o DNI actuaría como identificación no país de orixe e no estranxeiro.