GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

 

Recollida domiciliaria de mobles e obxectos


Antes de achegarse ao punto limpo hai que chamar ao teléfono: 988 317 680

 

HORARIO:

- Mañá: 10:00h a 14:00h

- Tarde: 16:00h a 18:30h (Inverno) - 18:00h a 20:30h (Verán, Xuño-Setembro)

- Sábado: 09:00h a 14:00h

 

DÍAS DE APERTURA

O Carballiño: De luns a sábado

 

O Punto Limpo de Cortegada está situado no lugar do Carballiño (Deputación Provincial), é un sevizo que ofrece o concello, dotado dunhas instalacións e un equipamento axeitado para a recepción, separación selectiva e almacenamento temporal de residuos de orixe doméstica de características especiais.


O seu obxectivo fundamental é facilitar aos cidadáns un espazo para a achega voluntaria de residuos que non poden ser xestionados de xeito convencional, ben polo seu tamaño (residuos voluminosos) ou a súa composición (residuos perigosos).


No punto limpo sepáranse os distintos residuos segundo a súa tipoloxía, facilitando o seu tratamento e valorización. Evitando deste xeito os vertedoiros e os verteduras incontroladas á rede de sumidoiros pública, favorecendo a protección e mellora do medio ambiente.

 

RESIDUOS ACEPTADOS


Residuos non perigosos
Plásticos domiciliarios ou asimilables, excluidos os envases.
Envases lixeiros (bolsa amarela).
Papel e cartón.
Envases de vidro.
Madeiras de residuos domiciliarios.
Restos metálicos do fogar.
Voluminosos (colchóns).
Voluminosos (outros mobles).
Voluminosos (sofás).
Roupa.
Outros tecidos.
Restos de obra. (Pequeña obra particular)

 

Residuos perigosos
Aceites minerais (motor) e outros aceites.
Aerosois e envases metálicos con matriz porosa sólida perigosa.
Filtros de aceite.
Disolventes, pinturas, vernices.
Envases de Residuos Perigosos.
Pilas e outros acumuladores.

Tóner e cartuchos de impresoras.
Aceites vexetais.
Neumáticos

 

Residuos de aparatos eléctricos e electrónicos
Electrodomésticos con CFC.
Electrodomésticos sen CFC.
Equipos de informática e telecomunicacións (monitores, TV).
Fluorescentes.
Pequenos electrodomésticos, ferramentas, xoguetes electrónicos.

RESIDUOS NON ACEPTADOS


Materia orgánica
A súa recollida selectiva faise a través dos contedores urbanos instalados nas rúas.


Residuos mesturados
Non se aceptarán no punto limpo aqueles residuos que veñan mesturados, xa que nestas instalacións os residuos son clasificados por categorías.

 

Residuos industrais
As grandes e medianas empresas teñen que establecer un sistema propio de xestión para os residuos que producen

 

Residuos radiactivos
Materiais explosivos
Residuos sanitarios


Outros residuos non aceptados
Plásticos procedentes de residuos da construción.
Polistireno expandido (Porexpán).
Radiografías.
Graxas (comestibles e non comestibles).