GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

 

Minipuntos de recollida


 

Cortegada dispón de 3 mini puntos limpos no municipio para achegar a correcta separación dalgúns residuos que non deben depositarse nos contedores situados na vía pública.

Estes mini puntos limpos súmanse aos dous puntos limpos fixos e ás diferentes localizacións dos puntos limpos móbiles, co fin de facilitar aos veciños do municipio a correcta xestión dos seus residuos.

En busca da accesibilidade, estes elementos incorporan nun lateral unha entrada a unha altura inferior para facilitar o depósito destes elementos a persoas con mobilidade reducida.


Materiais que recollen

Os residuos que se poderán depositar nestes Mini Puntos Limpos son:

CDs e DVDs.
Cartuchos de tinta.
Pequenos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (cargadores de móbil, calculadoras, mp3, cepillos de dentes eléctricos, cortadores de pelo, depiladoras eléctrica…)
Pilas.
Pequenas baterías e acumuladores.
Lámpadas de baixo consumo e Led.


Localizacións

1 na rúa Alférez Rivera Viso
2 na rúa Fermín Bouza Brey