GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

 

Recollida domiciliaria de mobles e obxectos "Voluminosos"


Solicitude de Recollida de Mobles e Aveños

 

No teléfono: 988 483 001 de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

 

Ou a través do seguinte ligazón:

 

SOLICITAR
 
 

Horario de depósito: O día e hora de recollida será comunicado telefónicamente.

 

Onde depositalos

No teléfono de recollida de aveños, obxectos, indicaranlle o punto máis próximo ao seu domicilio para a súa posterior recollida.

Os voluminosos deixaranse cerca do colector de lixo de 10 a 11 da noite.

 

Que podo depositar

É moi fácil desfacerse dun moble ou dun traste que non queira. Mediante este servizo de recollida domiciliaria, pomos todas as facilidades para evitar o seu abandono na rúa.

 

SI: utensilios, mobles, trastes, obxectos que queira refugar, instrumentos de medio ou gran volume domésticos, sofás, portas, mobles, cadeiras, caixas e listóns de madeira, persianas ou xoguetes rotos, ...

 

NON: cascallos, sanitarios ou obxectos similares, se se efectuaron obras na vivenda.

 

NIN: vidro nin cristal, o usuario deberá desmontalos da madeira, e polos seus propios medios trasladalos aos diferentes puntos fixos e móviles do Concello de Cortegada.

 

Como colaborar na recollida

Chame ao teléfono de recollida de aveños, onde lle indicarán a forma de deixar os aveños para a súa posterior recollida.

Evite depositar os obxectos onde poidan molestar ao tráfico ou aos peóns.

Evite depositar os obxectos fose do horario establecido, pois poderían quedar sen retirar.

Evite o abandono de mobles e trastes na rúa.

Non deposite mobles nin outros utensilios domésticos sen avisar previamente ao servizo de recollida: molestan e poden producir accidentes.

Colaborando, se todos participamos, e non deixamos os mobles abandonados, melloraremos a calidade das nosas rúas.