Recollida de lixo

 

Recollida voluminosos

Sofás, aveños, mobles, electrodomésticos, colchóns, etc. Recóllense chamando ao número 988 483 001.

 

Restos vexetais

Non depositalos NUNCA no colector.

Opcións:

  • Utilizalos para facer compostaxe.
  • Queimalos, previa chamada para solicitar o permiso no 012.
  • Levalos ao punto limpo.

    Colector amarelo de envases
  • Depositar botellas de plástico, briks, envases de plástico e cortiza branca para alimentación, produtos de aseo e limpeza, envases metálicos, bolsas e envoltorios de plástico e aluminio.

    Non depositar xoguetes, luvas de goma, utensilios de cociña, biberóns, cubos de plástico, etc

    * Esmaga os envases o máis posible para reducir o seu volume antes de depositalos no contedor.


Colector azul de papel e cartón

Depositar xornais, revistas, propaganda, caixas pequenas de cartón (galletas, deterxentes, etc.), envases de cartón para ovos e bolsas de papel.

Non depositar bricks, cueiros, papel vexetal, papel sanitario e de cociña, cartón recuberto con substancias impermeables á humidade, papel sucio, engraxado ou contaminado con produtos químicos.

* Prégaos o máis posible antes de introducilos no colector e non deixes nada fóra.


    Colector verde de restos

Todos os residuos orgánicos que se xeran na casa e os que non se especifican nos apartados anteriores.

Non depositar o residuo sen bolsa, nin restos de leiras e xardíns, entullos, táboas de pasar o ferro, aparellos eléctricos, aceites pinturas, medicamentos, etc.


Colector verde de vidro

Depositar botellas de vidro de calquera cor, tarros de vidro, cosmética ou perfumería e frascos de conservas.

Non depositar cristais planos ou de fiestras, louza, espellos, lámpadas, etc.

* Recorda retirar as tapas dos envases de vidro, pois estas van no colector amarelo.