GAL / ESP

Horario: 9:00 a 14:00

Contacta

BIBLIOTECA


 

Casa do Concello
Rúa Otero Novas 1 - planta baixa
32200 Cortegada
Teléfono: 988 48 30 01 - Fax: 988 48 32 17
concello.cortegada@eidolocal.es

H O R A R I O:

De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

A sección de galego dispón dos libros de adultos escritos en galego ou que falan sobre Galicia; a sección Xuvenil, aqueles libros escritos en idiomas exteriores a España. O Fondo local dispón de libros referentes a Cortegada ou escritos por autores de Cortegada, ademáis de recortes de prensa sobre o Concello dende 1995.

A sala Infantil consta dos libros de entre 0 e 13 anos dispostos por tres grupos de idades: 0-1: de 0 ata 7 anos; 0-2, de 8 a 10 anos; 0-3: de 11 a 13, outra diferenciación nesta clasificación infantil é a separación dos libros de contos en galego dentro de cada grupo de idade. Ademáis nesta sala atopamos os libros de consulta para as mesmas idades.

Nesta sala de Audiovisuais dispoñemos de videos, DVD's, CD's e CD-ROM's, tanto para a utilización na propia biblioteca como para o préstamo a domicilio.

Actualmente a Biblioteca dispón de 8.325 libros, 130 CD's, 200 Videos, 250 DVD's e 120 CD-ROM's. No referente ós libros xa distinguímo-las seccións máis arriba; no tocante ó fondo audiovisual, os videos están organizados coma os libros, así coma os CD-ROM's e, os CD's, dividímolos en 6 seccións : POP-ROCK, FOLK, JAZZ, CLÁSICA, MÚSICA LATINA e MÚSICA INFANTIL. Actualmente a biblioteca xa non adquire máis videos que están xa superados polos dvd's, nos últimos 5 anos non se incorporou ningún VHS.

Enlade web:

Rede de Bibliotecas de Galicia