Arquivo Municipal

 

O Arquivo municipal é a oficina que actúa como depósito onde se conservan ordenadamente documentos, escriturase expedientes pertencentes e relacionados co Concello coa finalidade de ser utilizados para a xestión administrativa, a información, a cultura e a investigación e para conservar a memoria histórica do noso municipio. Tódolos cidadáns e cidadás teñen dereito de acceso ó Arquivo municipal, mediante a solicitude da oportuna consulta. 

 

SOLICITUDE DE ACCESO
PRESENCIAL
  • POR INTERNET
Impreso

Descargar

Acceder

FONDOS DO ARQUIVO
Impreso

Descargar Fondos do arqruivo

HORARIO De luns a vernes de 9:00 a 13:30 horas (Cita previa)


Servizos

  • Información oral e escrita
  • Préstamo ás oficinas do Concello
  • Consulta en sala, con capacidade para 6 persoas
  • Asesoramento sobre a historia e a evolución do Concello

Procedemento de acceso

O acceso ós documentos que se conservan no arquivo é un servicio gratuíto e libre, sen embargo existen documentos de consulta reservada para os titulares e os cidadáns que acrediten un interese lexítimo e directo. No Regulamento do Arquivo Municipal especifícase qué documentos están clasificados de acceso libre ou de acceso restrinxido.

Para acceder ós documentos é necesario presentar unha solicitude no Rexistro Xeral onde se expoñerá o motivo da consulta e se describirá o documento ou a información que se precisa.

Os documentos atópanse clasificados en catro grandes seccións: goberno, Administración, Servicios e Facenda. entre as series documentais que se conservan podemos destacar polo seu volume e polo seu interese para a cidadanía as seguintes:

  • Actas de Pleno desde 1843-1970
  • Expedientes de obras desde 1843-2000
  • Padróns e censos de habitantes desde 1843-1991
  • Expedientes de apertura de industrias desde 1843-2000
  • Expedientes de eleccións desde 1843-1995
  • Expedientes de quintas desde 1843-1986
  • Orzamentos municipais desde 1843-1985
  • Rexistro Civil 1841-1870