GAL / ESP

Horario: 9:00 a 14:00

Contacta

AXENCIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL


 

Rúa Otero Novas Nº 1 - 32200 Cortegada (Ourense)
Teléfono: 988 483 001

Horario: Luns a venres de 09:00 a 14:00 horas

Correo electrónico: adl.concello.cortegada@eidolocal.es

 

A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local ofrece os seguintes servizos:


  • Prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, de proxectos empresariais de promoción económica local e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego no ámbito local, identificando novas actividades económicas e posibles emprendedores, así como prospección das necesidades de persoal das empresas co obxecto de identificar novos nichos de emprego.

  • Difusión e estímulo de potenciais oportunidades de creación de actividade
    entre as persoas desempregadas, promotores e emprendedores, así como institucións colaboradoras, levando a cabo accións de sensibilización cara á promoción dunha maior conciencia empresarial como oportunidade de emprego.

  • Acompañamento técnico no inicio de proxectos empresariais
    para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira e, en xeral, sobre os plans de lanzamento das empresas.

  • Apoio aos promotores das empresas
    , unha vez constituídas estas, acompañándoos técnicamente durante as primeiras etapas de funcionamento, mediante a aplicación de técnicas de consultoría en xestión empresarial e asistencia nos procesos formativos adecuados para contribuír á boa marcha das empresas creadas.

  • Xestión e tramitación de subvencións e axudas
    , tanto do propio Concello de Cortegada como de empresas e emprendedores.

  • Colaboración en diversos proxectos e accións con outras áreas do concello, como a Oficina de Turismo, Servizos Sociais, Orientación Laboral, etc.
  • Organización, planificación, xestión e coordinación da Feira de Artesania.