GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

 

Campamento de verán 2026


 

 

Aberto o prazo de inscrición para o Campamento Concilia Verán organizado polo Concello de Cortegada.

O Concello informa que xa está aberto o prazo para solicitar unha das 30 prazas dispoñibles no programa Concilia Verán, unha iniciativa pensada para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante os meses de verán.

 

Programa de Actividades de Verán para a Infancia e a Mocidade

Este programa está dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2010 e 2022, ambos incluídos.

Ao longo do verán ofrecerase un amplo programa de actividades lúdicas, educativas e de lecer, adaptadas ás diferentes franxas de idade, co obxectivo de:

 

  • Favorecer a socialización e a convivencia.
  • Estimular a creatividade e a participación.
  • Promover hábitos de vida saudables.
  • Garantir un entorno seguro, inclusivo e supervisado por persoal cualificado.

Prazo de inscrición

As solicitudes poderán presentarse do 12 ao 16 de xuño, ata as 14:00 horas.

Recoméndase non agardar ao último día para realizar a inscrición, co fin de evitar posibles incidencias técnicas ou administrativas.

 

Presentación de solicitudes

As solicitudes deberán formalizarse a través de algunha das seguintes vías:

  • Presencialmente no Rexistro Xeral do Concello.
  • A través da sede electrónica municipal.

Máis información

Para consultar as bases reguladoras, os requisitos de participación e a documentación necesaria, as persoas interesadas poden acceder á páxina web municipal ou dirixirse ás oficinas do Concello.

 

 

Accede e descarga a información que necesites de xeito rápido e sinxelo.


 

Plan de actividades:

 

Planificación correspondente a unha quincena do campamento, cunha distribución detallada das actividades propostas. Esta programación ten como obxectivo desenvolver os contidos previstos e acadar osobxectivos marcados. A planificación poderá ser adaptada en función dasnecesidades e características dos participantes, así como segundo os recursosdispoñibles en cada localización.

 

As actividades propostas enfocanse en fomentar o interese pola cultura xeral, odeporte ea creatividade, traballando paralelamente os valores como o respecto polomedio ambiente, a igualdade, a tolerancia, a diversidade, a empatía e o traballo enequipo, todo dentro dun marco de ocio saudable e compartido.Un aspecto clave para o bo funcionamento do campamento será a organización dostempos de entrada e recollida.

 

Por iso, destinarase aproximadamente unha hora aocomezo e ao final de cada xornada para desenvolver actividades de acollida esocialización: xogos de memoria, xogos de mesa, xogos encadeados, baile, xogolibre, etc. Estes espazos favorecerán o coñecemento mutuo, a expresión emocional ea integración dos participantes, respectando os tempos de espera e facilitando aconciliación das familias. A programación incluirá actividades como:

 

 

    - Manualidades e actividades creativas

    - Obradoiros de expresión corporal

    - Búsquedas do tesouro e gymkanas

    - Talleres de chapas e tatuaxes

    - Globoflexia e pinta caras

    - Actividades con inchables

    - Xogos cooperativos e dinámicas de grupo

    - Sesións de cine educativo

 

As actividades programadas levarase a cabo no C.E.I.P. Otero Novas.

E moito máis

O cronograma anterior mostra o reparto de horas e actividades correspondente a duas semanas de campamento. Neste caso para a proposta de actividades teranse en conta as condicions meteoroloxicas, propondo unha alternativa as actividade que se teñen que realizar ao aire libre.

 

Este reparto de horario pode ser modificado debido a necesidade de adaptar algunha actividade a cinrcunstancias concretas. As actividades como as manualidades ou os xogos, variarán semanalmente seguindo temáticas educativas que favorezan a aprendizaxe en valores, medio ambiente, saúde, cultura, etc.

 

As temáticas a seguir serán:

 

 

    - Semana 1: Música e danza

    - Semana 2: Vida saudable

    - Semana 3: Ciencia en Cortegada

    - Semana 4: Entroido quente

    - Semana 5: Equipo de investigación

    - Semana 6: Cortegada fashion week

    - Semana 7: Coidamos a natureza

    - Semana 8: Escola de maxia

    - Semana 9: Hi Cortegada!

    - Semana 10: Viaxe polo tempo

    - Semana 11: Cortegada FEST