SIA847321 - Solicitude de Certificado ou Volante de Empadroamento


Aberto todo o ano

 

Obxecto

Os certificados serven para os seguintes casos especiais:

-Pensións non contributivas (10-5 anos) (invalidez, xubilación, ...) e pensións do estranxeiro (castelán)

-Adquisición nacionalidade española

-Adopcións internacionais (cando xa está concedida a adopción, para finalizar o trámite)

-Algúns trámites do xulgado e de notaría

 

Observacións

Os Certificados ou Volantes de Empadroamento son gratuitos.

  • SOLICITUDE PRESENCIAL TRAMITAR EN LIÑA
    Prema para descargar o formulario de solicitude, que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, nas oficinas do Concello de Cortegada. Prema para para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.

       Descargar solicitude

       Procesamento electrónico

 

Documentación

Documento que acredite a identidade das persoas inscritas
DNI (ou documento que faga as súas veces). (do solicitante e do representante)
Os que comparezan ou asinen en representación doutro, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente adevandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

Prazo de resolución:

3 meses

 

Sentido do silencio:

Negativo