SIA847390 - Comunicación de Modificacións de Licenza de Actividade


   Aberto todo o ano

 

Obxecto

Os cambios de titularidade de licenzas de actividade en vigor comunicaránselle ao concello.

Non se consideran en vigor as licenzas de actividades correspondentes a locais nos que cesase a actividade por un período superior aos seis meses, nin as que teñan declaración expresa de caducidade.

 

A quen vai dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

SOLICITUDE PRESENCIAL TRAMITAR EN LIÑA
Prema para descargar o formulario de solicitude, que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, nas oficinas do Concello de Cortegada. Prema para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.

   Descargar solicitude

   Procesamento electrónico

 

Prazo

Prazo de presentación: ABERTO TODO O ANO

Documentación para a presentación

Fotocopia do NIF, NIE ou CIF
Do novo titular e do representante, no seu caso.

Escritura da sociedade, poder ou documento acreditativo da representación (se procede)
Documento que xustifique a posesión do local
contrato de arrendamento ou escritura de propiedade.

Medicións sonométricas acreditativas do illamento acústico do local
No caso de actividades nas que o antigo titular substituíse o informe do illamento acústico conseguido no local,(de acordo co disposto no artigo 11 do Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia), pola declaración expresa de que a actividade producirá un nivel sonoro igual o inferior, en calquera horario, a 75dB, deberá achegar a mesma declaración asinada polo novo titular ou informe de illamento acústico.

Seguro de responsabilidade civil
No caso de actividades recreativas ou espectáculos públicos, documento acreditativo do cambio e da dispoñibilidade do seguro de responsabilidade civil obrigatorio previsto na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

Resolución:

Prazo:

TRES MESES

Sentido do silencio:

NEGATIVO


Procedementos e servizos relacionados