Bases convocatoria contratación laboral temporal

 

BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE TRES PEÓNS DE SERVIZOS MÚLTIPLES. PROGRAMA PROVINCIAL DE EMPREGABILIDADE ANO 2022.

 

OBXECTO DA CONVOCATORIA.
O obxecto da presente convocatoria é a contratación de TRES (3) PEÓNS DE SERVIZOS MÚLTIPLES durante 5 meses segundo as bases reguladoras do Programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade para o exercicio 2022, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, nº 291, do 21 de decembro de 2021.
A xornada de traballo será a tempo parcial (75% da xornada) que se realizará de luns a domingo cos descansos establecidos na lei.


As funcións que se asinan ao posto de traballo son as seguintes:

- Limpeza viaria.
- Limpeza de sumidoiros e rede sumidoiros.
- Acondicionamento e mantemento de xardíns e zonas verdes.
- Traballos de albanalería e pequenas obras públicas.
- Traballos de desbroces e revalorización de espazos públicos
- Calquera outro acto de natureza similar non relacionado que sexa ordenado pola autoridade municipal.