Convenio Mirador da Bouza

 

Estanse a executar as obras para a creación dun miradoiro turístico nun entorno impoñente e ubicado nunha zona elevada no acceso ao núcleo de Cortegada, con fácil acceso para peóns e vehículos, que permite unhas espectaculares vistas.

 

Este miradoiro a modo de balcón sobre o río Miño permitiranos disfrutar dunhas inmellorables vistas deste río e das caprichosas formas e meandros modelados a lo longo do tempo, así como de todos os recursos naturais e paisaxísticos do val e concellos limítrofes.

 

A actuación consistirá en colocar pavimentos, varandas e sinalización que faciliten o acceso e ofrezan a posibilidade, aos que se acheguen a contemplar estas vistas, de disfrutalas cunha maior seguridade.


Asimesmo, para facer máis atractivo o acceso ao concello, situaranse na zona axardinada enfronte do miradoiro unha sinalización do nome do concello a base de letras soltas corpóreas de aceiro con iluminación, que potenciará turísticamente o acceso a éste.

Este proxecto supón a posta en valor dos recursos turísticos do concello, o que tamén contribuirá á revalorización do turismo da Comarca de O Ribeiro.