GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

 

Servizo de Axuda no Fogar (SAF)


 

Servizos Sociais

Teléfono: 988 483 001 - 722 448 322

Horario: Martes e xóves de 9:00 a 14:00 horas.

 

PROGRAMA DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE CORTEGADA.
Rexistro Único de Entidades (R.U.E.P.S.S.) E-833P.01

Servizo de  Axuda no Fogar (SAF) está regulado na Ordenanza  municipal da prestación do servizo de axuda no fogar do Concello de Cortegada, publicado no Boletín Oficial de Ourense do 7 de abril de 2026. Está pensado para persoas que presentan problemas para facer as actividades básicas da vida diaria, polo que se lles proporciona atención directa no seu domicilio, facendo tarefas específicas que compensen a súa restrición de autonomía funcional.


Destinatarios:

» Persoas maiores con dificultades graves na súa autonomía persoal e que presenten dificultades para realizar determinadas tarefas de carácter persoal ou domestico.

» Persoas con discapacidade física , psíquica ou sensorial , que afecte significativamente a súa autonomía persoal, que viven solos ou non poden ser atendidos polas súas familias.

» Familias con especial dificultade de atención a menores debido a carencia de hábitos para un bo funcionamento da vida cotiá , carencia de apoios da familia extensa , ou problemas no desenvolvemento da estrutura e dinámica familiar, dando prioridade a familias con menores de 12 anos.

» Outras persoas ou familias que se encontren en situacións non específicamente contempladas nos grupos anteriores pero que sofren unha crise de carácter temporal.


Documentación:

» Fotocopia do D.N.I, NIF, PASAPORTE (ou N.I.E no caso de persoas estranxeiras), da persoa solicitante e de todos os membros da unidade de convivencia computables para os efectos de capacidade económica.
» Fotocopia do libro de familia si hai menores.

» Fotocopia do libro de familia si hai menores.

» Copia da sentenza de incapacitación xudicial, se é o caso.

» Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante

» No caso de afiliación diferente a seguridade social , xustificante da mutualidade correspondente que acredite a denegación do servizo solicitado.

» Informe médico sobre o estado de saúde , tratamento médico prescrito , existencia de alerxias alimentarias , dieta, etc.

» Certificado de recoñecemento do grado e nivel de dependencia ou certificado de discapacidade da persoa solicitante.


Documentación acreditativa de ingresos:

» Certificado de pensión ( expedido polo INSS ou pola entidade que proceda), prestacións nominais do solicitante e membros da unidade de convivencia computables para os efectos da capacidade económica.

 

» Fotocopia da declaración da renda ou certificado negativo desta expedido pola Axencia Tributaria do último exercicio económico, da persoa solicitante e membros da unidade de convivencia computables para os efectos do cálculo da capacidade económica. Poderase substituír pola autorización asinada que consta na solicitude, a favor do Concello de Cortegada para realizar as comprobacións oportunas.

 

» Certificado do patrimonio emitido pola Consellería de Facenda da persoa solicitante e de todos os membros computables da unidade de convivencia.

 

» No caso de contar con ingresos non acreditables, declaración responsable de ingresos acompañada de certificado negativo expedido pola Axencia Tributaria.


Como realizar o trámite?

Previa solicitude de cita ca Traballadora social de Atención Primaria do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas os luns e xoves.

Custos: Prezos públicos fixados pola Xunta de Goberno Local.


Impresos relacionados:

Autorización do catastro (PDF - 46.4 KB)
Autorización de facenda (PDF - 46.1 KB)
Baremo de servizos domiciliarios (PDF - 35.5 KB)
Solicitude do servizo de axuda no fogar (PDF - 37.5 KB)
Instancia tipo (PDF - 830.4 KB)