GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

PARROQUIA DE CORTEGADA


Santa María de Cortegada ten unha superficie total de 312,22 hectáreas, é a única entidade de poboación.

 

Festividade parroquial: 25 de xullo, Santiago Apóstol.

 

Desta parroquia destacamos
  – Igrexa de Santa María
  – Pazo do Cid
  – Balneario histórico de 1937 

  – Termas Baño do Monte

  – Mirador Coto da Pena

  – Mirador a Bouza


O Balneario (Club termal)

O Club Termal e o Balneario de Cortegada dispoñen, posiblemente, da mellor oferta termal e balnearia actual para poder gozar de todo un universo de sensacións pracenteiras de benestar, relax e lecer saudable.

 

Características das augas: Inodoras, transparentes e de cheiro e sabor axofrado non moi intenso. Na composición son de mineralización débil e sulfurado-sódica.

 

Temperatura: 25-23 C.

 

Indicacións: Problemas reumatolóxicos e de pel. Tamén están indicadas para os problemas de estrés.

Máis

Imaxes

 

Balneario de 1937

Unha das imaxes máis emblemáticas do municipio é antigo balneario de 1937​, un edificio modernista moi bonito nunha contorna paisaxística espectacular​.

 

No ano 2019 reformase completamente e recupera todo o seu esplendor para lembrar o que un día foi. Hoxe está adicado a museo do termalismo e restaurante.

Máis

Historia

A gastronomía de CORTEGADA caracterízase pola súa variada cociña tradicional e popular elaborada con produtos procedentes dos nosos ríos e campos, conservando a esenza culinaria tradicional, e que foi trasladándose ao longo dos anos dunhas xeracións a outras. Carne de xabarín, coello con arroz , Peixes como as troitas, e todo elo co bo viño do Ribeiro.

Máis