GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

 

Oficina de rehabilitación programa barrios


 

Dirección:

Casa do Concello, rúa Otero Novas, 1 - Planta baixa

Teléfono: 607 229 472
Correo electrónico: --

Cita Previa de atención ao público martes de 09:00 h a 15:00 h.

 

Consulte toda a información relativa a axudas para a rehabilitación das edificacións do Concello de Cortegada:

 

A Oficna Técnica

A Oficina Técnica de Rehabilitación do Concello de Cortegada informa, asesora e xestiona a tramitación de axudas, aos particulares que deciden rehabilitar as súas vivendas, de acordo co que establece o Plan Estatal de Vivenda vixente.

 

O equipo da Oficina é un apoio en todo o proceso de rehabilitación, pola capacidade técnica e a proximidade á cidadanía e residentes.

 

Xestións que leva a cabo:

  • Asesora e informa ao público das actuacións que contempla o Plan de Vivenda que esté vixente.
  • Tramita os expedientes e realiza o seguimento técnico de obras do Plan de Vivenda.
  • Realiza as visitas técnicas necesarias das actuacións de rehabilitación con axudas autonómicas ou estatais.
  • Supervisa os orzamentos.
  • Colabora e coordina as accións e programas que desenvolve a Oficina cos departamentos municipais implicados.
  • Informa doutras actuacións subvencionables.

 

 

O “Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio” está dirixido a obras de rehabilitación en edificios completos de uso predominante residencial (vivenda unifamiliar ou colectiva) nas que se alcancen uns obxectivos de eficiencia enerxética.

O inmoble debe estar situado no Entorno Residencial de Rehabilitación Programada (ERRP) do “Conxunto histórico de Betanzos e a súa zona de protección”.

O Concello de Cortegada tramita esta axuda financiada pola Unión Europea a través dos Fondos NextGenerationEU. A presentación da solicitude da axuda farase mediante a instancia normalizada e os formularios que se inclúen como anexos da convocatoria, preferentemente utilizando a sede electrónica do Concello de Cortegada.

O prazo de solicitudes de participación na subvención está aberto ata o 30 de decembro de 2025. As obras deberán estar finalizadas o 30 de xuño de 2026.
Máis información na Oficina de Rehabilitación do Concello de Cortegada.

 

Formularios para a presentación da solicitude: