GAL / ESP

Horario: 9:00 a 14:00

Contacta

EMERXENCIAS - PROTECCIÓN CIVIL


 

629 828 307 - Protección Civil

112 - Emerxencias

061 - Urxencias médica

 

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Cortegada ofrece os seguintes servizos:

    • Inspección do Camiño de Santiago.
    • Acompañamento de peregrinacións.
    • Servizos culturais: concertos, procesións, xornadas culturais.
    • Axuda social.
    • Servizos de medio ambiente: todo o relacionado co contorno natural, rescate e recollida de fauna salvaxe (especialmente fauna protexida).
    • Relatorios e conferencias en colexios ou asociacións sobre O Camiño e sobre a Protección Civil.
    • Busca de persoas desaparecidas.
    • Colaboración con outros corpos: Policía Local, Bombeiros, Policía Nacional e Autonómica, Garda Civil, Cruz Vermella...
    • Eventos deportivos: fútbol, fútbol sala, baloncesto, sendeirismo...
    • Participación nos eventos do Concello: Cabalgadas de Reis, Entroido...
    • Actuación en inundacións, temporais, xeadas ou desastres naturais.
    • Todos aqueles eventos nos que sexa requirida ou necesaria a súa presenza por motivos xustificados.

 

Hidrantes Cortegada

Localización e geolocalización de hidrantes no municipio de Cortegada.

ACCEDER

112 Emerxencias Galicia

Servizo integradado de atención as emerxencias na Comunidade Autónoma de Galicia

ACCEDER

 

A día de hoxe o equipo conta con diferentes recursos técnicos:

Embarcación de 4 metros con motor de 30 cv

Material de rescate acuático

Material de rescate en altura

Material de primeiros auxilios

Material vespa Velutina

Equipos de osixenoterapia

Equipos respiración autónoma

Desfibrilador

Motoserras

Bombas de achique

Equipos electrógenos

Equipos de iluminación

Esparcedor de Sal

Carpa 4x4

Carpa 3x3

1 remolque para atención ás emerxencias

1 pickup equipado con material de 1º auxilios e rescate

1 pickup equipado con equipo de extinción de incendios e rescate

 

¿CÓMO FACERSE VOLUNTARIO?

  • Ser maior de idade, os maiores de 16 anos poden ser voluntari@s con autorización paterna ou materna.
  • Cumprimentar a solicitude de admisión que está a disposición na base dá agrupación, na rúa Alférez Rivera Viso s/n, Cortegada ou solicitar información no teléfono. 629 828 307
  • Superar o período de proba de 3 meses. Superar o curso Básico de Protección Civil impartido pola AGASP.