Plan Madruga
A finalidade do Servizo Plan Madruga é facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, permitindo os pais e ás nais que inician a súa xornada laboral en horario anterior ao inicio das actividades lectivas do CEIP Otero Novas de Cortegada, deixar aos seus fillos no recinto escolar con profesionales que se farán cargo do seu cuidado e atención ata o comenzo das clases.
O servizo está aberto a todos os nenos e nenas escolarizados no CEIP Otero Novas de Cortegada e esta financiando pola Deputación Provincial de Ourense, a trevés do programa BenOurense Infancia.
Desenvólvese nas instalación do CEIP Otero Novas, durante o curso escolar; tódolos días lectivos, de 08:00 a 10:10 horas.
Lévanse a cabo actividades relacionadas con áreas lúdicas e socioculturais, non indispensables para a consecución dos obxectivos curriculares, que facilitan o desenvolvemento persoal e social dos nenos.
O Plan Madruga do concello de Cortegada diferencia duas opcións:
1.OPCIÓN “FIXO MENSUAL”
O solicitante usará o servizo durante tódolos días lectivos do curso escolar.
Neno/a empadroado no Concello de Cortegada: 20 euros mes
No caso de dous irmáns empadroados no Concello de Cortegada: 30 euros mes por familia.
Neno/a non empadroado no concello de Cortegada: 30 euros mes.
No caso de dous irmáns non empadroados no Concello de Cortegada: 40 euros mes por familia.
No caso de familias numerosas (empadroados ou non): o servizo será gratuito.
O pago realizarase dentro dos 10 primeiros días do mes de prestación do servizo
2.OPCIÓN “ESPORÁDICO”
Neste caso o pai, nai ou titor legal pode facer uso do servizo, no suposto de que por circunstancias eventuais precise deixar ao neno ou nena ao coidado do servizo do Plan Madruga.
Este suposto será posible sempre e cando haxa prazas baleiras no grupo.
Neste caso débese solicitar perante o concello a lo menos un día antes con carácter xeral, sen perxuizo da utilización do servizo sin preaviso en aqueles casos que xustificadamente o soliciten as familias.
Prezo: 3 euros/día