GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

CASA DO MAIOR


 

Rúa Fermín Bouza Brey Nº 71 - Baixo - 32200 Cortegada (Ourense)
Teléfono: 680 679 266

Horario: Luns a venres de 10:00 a 18:00 horas

 

A Casa do Maior de Cortegada está destinada a contribuir na atención e prevención da dependencia e mellorar a calidade de vida das persoas maiores de 60 anos en situación de dependencia moderada ou severa, grao I e grao II e aos maiores de 60 anos sin dependencia.
Ofrece unha atención integral e personalizada que cubrirá as súas necesidades básicas de alimentación, hixiene e tempo libre, de tal modo que se procure o seu mantemento no medio social habitual evitando o internamento en institucións, cando isto non sexa o desexado ou cando non existan preto do seu domicilio habitual.

Pagaranse 100€ o mes polo seu servizo de almorzo e xantar ou, se fan soamente unha comida, a parte proporcional. Se non comen é un servizo totalmente gratuito financiado por la Xunta de Galicia.
Como novidade, se as persoas usuarias queren facer uso do servizo de desprazamento, e así o comunican, a promotora poderá buscalos e levalos do seu domicilio á Casa do Maior e viceversa.