GAL / ESP

Horario: 9:00 a 14:00

Contacta

SIA 847221 - BENEFICIOS FISCAIS NO I.V.T.M.


  • Concesión de beneficios fiscais no Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.

 

A quen está dirixido

  • Están lexitimadas para solicitar, ben por si mesmas ou por medio de representante, o beneficio fiscal, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 que sexan suxeitos pasivos do imposto.

 

Como facelo

  • Preferentemente de forma telemática a través do botón "Tramitar" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

 

Por internet

Presencialmente

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.              Prema no botón para descargar o formulario e siga os pasos que se lle indican.
tramitar descargar

 

EXENCIÓNS:

(E.1) Vehículos conducidos por persoas con discapacidade

(E.2) Vehículos destinados ao transporte de discapacitados

(E.3) Tractores, remolques e semirremolques provistos dá Cartilla de Inspección Agrícola.

 

BONIFICACIÓNS:

(B.1) Gozarán dunha bonificación do 100% da cota os vehículos históricos.

(B.2) Bonificación do 75% durante ano matriculación e seguinte para vehículos de motor eléctrico e/ou emisións nulas.

           a. Vehículo eléctrico de baterías (BEV).

           b. Vehículo eléctrico de autonomía estendida (REEV).

           c. Vehículo eléctrico de células de combustible (FCV).

 

Documentación requerida

Exencións E1: vehículos conducidos por persoas con discapacidade

  • Declaración de uso exclusivo do vehículo para o transporte da persoa beneficiaria da exención (modelo en "Documentos relacionados")
  • Certificado oficial acreditativo do grao e a clase de minusvalía expedido pola Consellería de Asuntos Sociais da Xunta de Galicia ou o organismo competente da comunidade autónoma, en cada caso.
  • Permiso de circulación do vehículo (no que conste a persoa discapacitada como propietaria exclusiva). Ademais, o domicilio do vehículo deberá coincidir co domicilio legal dela.

Exencións E2: vehículos destinados ao transporte de persoas discapacitadas

  • Declaración de uso exclusivo do vehículo para o transporte da persoa beneficiaria da exención
  • Certificado oficial acreditativo do grao e clase de minusvalía expedido pola Consellería de Asuntos Sociais da Xunta de Galicia ou o organismo competente da comunidade autónoma, en cada caso.
  • Permiso de circulación do vehículo (no que conste a persoa discapacitada como propietaria exclusiva)

 

  • Exencións E.3: tractores, remolques e semirremolques provistos da Cartilla de Inspección Agrícola
  • • Tarxeta de características técnicas do vehículo ou ficha técnica
  • • DNI da persoa titular
  • • Cartilla de Inspección Agrícola

 

Bonificacións B.2: vehículos de motor eléctrico.

  • • Ficha técnica do vehículo

 

Normativa aplicable

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.