GAL / ESP

Horario: 9:00 a 14:00

Contacta

TERMAS BAÑO DO MONTE


 

Un dos emblemas do muncipio.

Cortegada está considerada como unha das primeiras poboacións en contar cunha casa de baños funcional. A súa tradición termal é unha das máis antigas de Galicia; as súas augas medicinais están documentadas desde o século XV.

 

No ano 1816, Fernando VII xa recoñecía a casa de baños de Cortegada, que ao pouco tempo se converteu nun lugar de encontro e relaxación para as maiores elites do reino.

 

Nun principio, as instalacións termais non eran máis que pilóns a beira do río e no ano 1847 comézanse a instalar casetas de madeira. Para cando chega o auxe das augas medicinais, a comezos do século XIX, xa existía unha estrutura consolidade en base ao termalismo.

 

No ano 1937, en plena guerra civil e previo á ditadura, constrúese o edificio modernista que hoxe podemos observar, a pesar de que o termalismo era practicamente inexistente na época.

 

No ano 2015, tras a construción do encoro de Frieira que provoco un aumento no nivel do río, inaugurouse un novo balneario nunha localización moi próxima e preto do miradoiro de Coto dá Pena.

 

Este emblemático edificio fue reformado integramente no ano 2019, actualmente adicado a museo termal e restaurante.