Programa Vivendas Baleiras


  Cerrado

 

Obxecto

Inscrción nunha bolsa de vivendas baleiras destinadas ás persoas ou unidades familiares con dificultades para acceder ao mercado libre de arrendamento cun prezo de alugueiro fixado pola comisión Concello-IGVS.

 

A quen vai dirixido:

REQUISITOS:

  • Ter uns ingresos anuais entre 1 e 2,5 veces o IPREM ou tratarse dun caso de emerxencia social singularmente avaliado.

O cálculo dos ingresos da unidade de convivencia realizarase segundo se describe no artigo 12 das bases reguladoras.

  • Percibir uns ingresos económicos mínimos que permita facer fronte ao pagamento do contrato de arrendamento.
  • Non ter ningún membro da unidade de convivencia unha vivenda en propiedade nin do usufructo doutra vivneda, a menos que non dispoña do seu uso e disfrute.
  • Non ter parentesco coas persoas arrendadoras.
  • Acreditar non ter incumprido antes as normas de convivencia.
  •  

COLECTIVOS PRIORITARIOS:

  • Unidades familiares ou de convivencia afectados por procedementos de execución hipotecaria.
  • Unidades familiares ou de convivencia afectadas por un procedemento xudicial de desafiuzamento.
  • Unidades familiares ou de convivencia con fillos menores ou familias numerosas
  • Familias monoparentais con fillos a cargo
  • Unidades nas que existan mulleres vítimas de violencia de xénero.
  • Unidades con persoas maiores de 65 anos, dependentes ou con discapacidade.
  • Unidades en situación de desprotección
  • Unidades privadas da sua vivenda por circunstancias imprevisibles e sobrevidas
  • Unidades con algún membro menor de 16 anos.
SOLICITUDE PRESENCIAL TRAMITAR EN LIÑA
Prema para descargar o formulario de solicitude, que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, nas oficinas do Concello de Cortegada. Prema para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.

   Descargar solicitude

   Procesamento electrónico

 

Prazo

Prazo de presentación: ABERTO TODO O ANO

Documentación para a presentación

1a.- Datos identificativos do solicitante:
Persoas físicas:
DNI (ou documento que faga as súas veces) do representante e documentación acreditativa da representación.
Os que comparezan ou asinen en representación doutro, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente adevandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
Persoas xurídicas:
DNI (ou documento que faga as súas veces) do representante e documentación acreditativa da representación.
Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula asúa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica deque se trate.

Persoas afectadas por procedementos de execución hipotecaria

Persoas afectadas por procedementos de desafiuzamento por impago de renda

Mulleres vítimas de violencia de xénero

  • Certificación da orde de protección ou medida cautelar, testemuño ou copia autenticada da secretaría xudicial da propia orde de protección ou medida cautelar.
  • Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare dita situación
  • Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia
  • Informe dos servizos de acollida
  • Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración Pública Autonómica ou Local
  • Certificación de dependencia Calquera outro que estableza

 

Familias con fillos a cargo e familias numerosas

  • Acreditación dos membros da familia ou unidade de convivencia.

 

Familias monoparentais con fillos

 

  • Acreditación de pertencer a este colectivo e certificado de empadroamento
  • Persoas dependentes ou con discapacidade oficialmente recoñecida

  • Certificación de dependencia ou discapacidade expedida polos correspondentes servizos da Consellería de Política Social

 

Persoas  maiores de 65 anos

Unidades familiares ou de convivencia nas que existan persoas que foran beneficiarias de axudas ao aluguer no marco de programas xestionados polo IGVS e que, unha vez vencido o período máximo de percepción das mesmas, permanezan nunha situación de desprotección ou especial vulnerabilidade

Certificación do IGVS da axuda percibida.

 

Persoas privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta

Acreditación da citada circunstancia.

Resolución:

Prazo:

3 MESES

Sentido do silencio:

NEGATIVO


Procedementos e servizos relacionados