SIA847214 - Pagamento do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO)


   Aberto todo o ano

 

Obxecto

Pago do imposto que grava a realización en todo o termo municipal de calquera construcción, obra ou instalación para a que se esixa licenza urbanística.

 

A quen vai dirixido:

As persoas físicas ou xurídicas e as Entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que sexan donos das construccións, instalacións ou obras, sexan ou non propietarios dos inmobles sobre os que se realicen aquelas.

A estes efectos, terá a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou custes que supoña a súa realización.

No suposto de que a construción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte, terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do mesmo os que soliciten as correspondentes licenzas ou realicen as construcións, instalacións ou obras.

O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da obriga tributaria satisfeita.

SOLICITUDE PRESENCIAL TRAMITAR EN LIÑA
Prema para descargar o formulario de solicitude, que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, nas oficinas do Concello de Cortegada. Prema para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.

   Descargar solicitude

   Procesamento electrónico

 

Prazo

Prazo de presentación: ABERTO TODO O ANO

Documentación para a presentación

1a.- Datos identificativos do solicitante:
Persoas físicas:
DNI (ou documento que faga as súas veces) do representante e documentación acreditativa da representación.
Os que comparezan ou asinen en representación doutro, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente adevandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
Persoas xurídicas:
DNI (ou documento que faga as súas veces) do representante e documentación acreditativa da representación.
Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula asúa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica deque se trate.
Comunidade de Propietarios:
DNI (ou documento que faga as súas veces) do presidente. No caso de que a solicitude a realice o administrador daComunidade, DNI do administrador e documento que acredite debidamente a súa representación (autorizaciónexpresa, poder notarial ou declaración responsable).
Ademais acta do nomeamento do presidente ou acta da reunión de propietarios acordando a realización das obras.

Impreso Autoliquidación Provisional do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras.

Resolución:

Prazo:

3 MESES

Sentido do silencio:

NEGATIVO


Procedementos e servizos relacionados