SIA847394 - Comunicación ou Declaración Responsable de Actividades e Espectáculos Públicos


Aberto todo o ano

 

Con carácter xeral, a apertura dos establecementos abertos ao público en que se desenvolvan espectáculos públicos ou actividades recreativas e a organización de espectáculos públicos e actividades recreativas están sometidas ao réxime de declaración responsable.


No entanto, por razóns de interese xeral vinculadas á orde, seguridade e saúde públicas e protección do medio ambiente, esixirase a obtención de licenza municipal ou autorización autonómica nos supostos establecidos no art. 41 LEI 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

 

A que vai dirixido:

Calquera persoa física ou xurídica.

SOLICITUDE PRESENCIAL TRAMITAR EN LIÑA
Prema para descargar o formulario de solicitude, que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, nas oficinas do Concello de Cortegada. Prema para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.

   Descargar solicitude

   Procesamento electrónico

 

Prazo

Prazo de presentación: ABERTO TODO O ANO

Documentación para a presentación

Datos identificativos do solicitante:
Persoas físicas:
DNI (ou documento que faga as súas veces) do representante e documentación acreditativa da representación.
Os que comparezan ou asinen en representación doutro, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente adevandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
Persoas xurídicas:
DNI (ou documento que faga as súas veces) do representante e documentación acreditativa da representación.
Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula asúa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica deque se trate.
XERAL
- Proxecto ou documentación técnica descritiva da actividade recreativa/espectáculo público asinada por un/ha técnico/a competente. 
- Póliza do seguro de responsabilidade civil e xustificante do recibo de pagamento da prima do ano en curso. 
- Documento acreditativo da dispoñibilidade do establecemento ou espazo público no que se desenvolverá a actividade ou espectáculo. 
- Certificado, acta ou informe de conformidade emitido polas entidades de certificación de conformidade municipal (no seu caso).
- Designación de responsable técnico/a da execución do proxecto ou montaxe das instalacións.
- Marcado CE e declaración CE de conformidade das instalacións e certificado da instalación de baixa tensión de conexión coa rede (no seu caso) 
FESTAS E VERBENAS
- Programa da actividades a realizar subscrito pola comisión organizadora da festa.
- Póliza do seguro de responsabilidade civil e xustificante do recibo de pagamento da prima do ano en curso, ou compromiso de contratación do seguro.
- Documento acreditativo da dispoñibilidade do establecemento ou espazo público no que se desenvolverá a actividade ou espectáculo.

Prazo de resolución:

15 dias

 

Sentido do silencio:

Positivo


Procedementos e servizos relacionados