SIA847221 - Solicitude de Devolución de Ingresos Indebidos


   Aberto todo o ano

 

Obxecto

Mediante este trámite vostede pode solicitar a devolución de ingresos indebidos como consecuencia de pagar un recibo, liquidación ou autoliquidación dous ou máis veces, polo feito de efectuar un pago por un importe superior ao consignado no documento de cobro, por realizar o pago de débedas prescritas ou cando así o estableza a normativa reguladora do tributo.

 

Teñen dereito a solicitar a devolución de ingresos indebidos os obrigados tributarios e os suxeitos infractores que realizasen ingresos indebidos no Concello de Cortegada con ocasión do cumprimento das súas obrigacións tributarias ou do pago de sancións, así como os sucesores duns e outros.

SOLICITUDE PRESENCIAL TRAMITAR EN LIÑA
Prema para descargar o formulario de solicitude, que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, nas oficinas do Concello de Cortegada. Prema para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.

   Descargar solicitude

   Procesamento electrónico

 

Prazo

Prazo de presentación: ABERTO TODO O ANO

Documentación para a presentación

Xustificación do ingreso indebido
Á solicitude achegaranse os documentos que acrediten o dereito á devolución, así como cantos elementos de proba considere oportunos para ese efecto. Os xustificantes de ingreso poderán substituírse pola mención exacta dos datos identificativos do ingreso realizado, entre eles, a data e o lugar do ingreso e o seu importe.
Certificación bancaria
Si desexa que a devolución se realice mediante transferencia bancaria (é o máis aconsellable) debe achegar unha certificación bancaria na que se indique o número de conta bancaria na que desexa que se realice a devolución solicitada. Si non aporta a certificación bancaria mencionada pode achegar unha fotocopia da primeira páxina da libreta ou cartilla de aforros onde consta o número completo do IBAN (conta bancaria) e os titulares da mesma.

Resolución

Prazo:

TRES MESES

Sentido do silencio:

NEGATIVO


Procedementos e servizos relacionados