SIA847265 - Solicitude de Alta de Abastecemento e Subministración de Auga Potable


   Aberto todo o ano

 

Obxecto

Subministración ou abastecemento de auga potable en vivendas unifamiliares, entendendo como tales aquelas en que unha única familia ocupa o edificio na súa totalidade. atender as necesidades extraordinarias que sobreveñen.Tamén se trata de incentivar o asentamento da poboación no noso concello.

 

A quen vai dirixido

1. As persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, que utilicen ou se beneficien do servizo.

2. Serán responsables solidarios ou subsidiarios as persoas físicas ou xurídicas, consideradas para estes efectos segundo o disposto na Lei 58/2003, Xeral Tributaria.

  • SOLICITUDE PRESENCIAL TRAMITAR EN LIÑA
    Prema para descargar o formulario de solicitude, que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, nas oficinas do Concello. Prema para para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.

       Descargar solicitude

       Procesamento electrónico

 

Documentación

1. Datos identificativos do solicitante:
Persoas físicas:
DNI de todos os membros da unidade familiar maiores de idade (ou documento que faga as súas veces) do representante e documentación acreditativa da representación.
Os que comparezan ou asinen en representación doutro, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente adevandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable). Enténdese por membros da unidade familiar, aqueles maiores de idade que convivan co solicitante da axuda
Persoas xurídicas:
DNI (ou documento que faga as súas veces) do representante e documentación acreditativa da representación.
Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula asúa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica deque se trate.

Licenza municipal de primeira ocupación
ou certificado de que a vivenda é anterior ao 1985.

  • Boletín de Instalación selado pola Encargo Municipal de Augas
Resolución:

Prazo:

TRES MESES

Sentido do silencio:

NEGATIVO