Portelo único da Xunta de Galicia
O Portelo Único permite presentar nas oficinas do Concello a documentación administrativa dirixida á Xunta de Galicia.
As funcións que comprende son :
- Rexistro Xeral de escritos, solicitudes ou comunicacións dirixidas a calquera organo da Administración Autonómica de Galicia.
- Información xeral da Administración Autonómica de Galicia.
- Información particular sobre aqueles expedientes administrativos tramitados por instancia perante a Administración Autonómica de Galicia, nos que o solicitante sexa o interesado.
- Acceso ao Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma.
Quen o pode utilizar ?
Calquera persoa interesada.
Que documentos hai que achegar?
Os mesmos que se se presentaran nas correspondentes dependencias da Xunta de Galicia.
Canto custa?
Este servizo é gratuíto.
Como e donde se pode presentar?
No Rexistro Xeral do Concello de luns a venres en horario de 9 a 13,30 horas.
Que documentación entrega o Concello ?
Un xustificante de entrega da documentación achegada.
Outras informacións de interese
Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.
- Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia e Admón. Pública e a F.E.G.A.M.P.
- Orde do 14/02/01 pola que se dispón o comezo da actividade administrativa a efectos de Rexistro Xeral de documentación dirixida á Xunta de Galicia, no Concello da Estrada e outros.
![]() |
DESCARGAR INSTANCIA PARA REMITIR INFORMACIÓN A XUNTA DE GALICIA |