Bases contratación Técnico Amimación...

 

BASES QUE REXERÁN A SELECCIÓN, POR CONCURSO-OPOSICIÓN, DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE UN/HA TÉCNICO/A EN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN CORRESPONSABLES CORTEGADA.

 

OBXECTO DA CONVOCATORIA.
O obxecto da presente convocator ia é a contratación de UN/HA TÉCNICO/A EN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL ata o 31 de decembro de 2022 segundo a Resolución do 14 de xullo de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidade s locais, a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro e a asociación de pais e nais para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, publicadas DOG Número 142 do 27 de xullo de 2022. Baixo a coordinación da Concelleira de Igualdade, a persoa seleccionada desempeñará as funcións das medidas de conciliación en desenvolvemento do Plan Corresponsables. A xornada de traballo será a tempo completo (100% da xornada) que se realizará de luns a domingo cos descansos establecidos na lei.

As funcións que se asinan ao posto de traballo son as seguintes:

- Cuidado de nenos e nenas ata os 16 anos de idade.
- Levar a cado accións de difusión e información das accións do Plan Corresponsables Cortegada.
- Fortalecer as habilidades individuais e grupais que poidan favorecer o desenvolvemento das dinámicas.
- Promover acciones que favorezcan habilidades no eido deportivo, lúdico e cultural.
- Levar a cabo actividades dirixidas.
- Calquera outro acto de natureza similar non relacionado que sexa ordenado pola autoridade municipal.
- Promocionar a conciliación da vida familiar e laboral.