SIA 847265 - Axudas por nacemento / adopción de fillo/a
Prazo rematado: 14/08/2024 00:00 - 13/09/2024 23:59
A finalidade destas axudas é proporcionar apoio económico a aquelas familias nas que se produza o nacemento, adopción ou acollemento dun novo membro da unidade familiar, para contribuír a atender as necesidades extraordinarias que sobreveñen.Tamén se trata de incentivar o asentamento da poboación no noso concello.
A quen está dirixido
-
1. Os proxenitores, xa sexan casados, solteiros, parellas de feito ou familias monoparentais que tivesen descendencia no ano nos anos 2020 ou 2021 (desde o 29 de maio de 2022 ata o 29 de agosto de 2022) sempre que cumpran os demais requisitos esixidos para o seu recoñecemento. Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, o beneficiario da prestación será aquel que teña a custodia dos fillos, de acordo co establecido no convenio regulador ou sentenza de separación ou divorcio.
2. Os adoptantes ou acolledores de nenos de ata 3 anos que obtivesen a resolución xudicial no ano 2020 ou 2021, sempre que cumpran os demais requisitos esixidos para o seu recoñecemento.
Se os solicitantes fosen estranxeiros, poderán solicitar a axuda os que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España.
En ningún caso poderán ser beneficiarios os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos, ou se a tutela ou garda fose asumida por unha institución pública.
Como facelo
- Preferentemente de forma telemática a través do botón "Tramitar" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Tramitación electrónica |
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican. |
no habilitado |
Presencialmente |
Prema no botón para descargar o formulario e siga os pasos que se lle indican. |
descargar |
Documentación requerida
1. Será requisito imprescindible que o/a solicitante beneficiario (como mínimo) figure empadroado no Concello de Cortegada (Ourense) no momento da presentación da solicitude da axuda. O/A menor que causa dereito á axuda debe figurar igualmente empadroado no Concello de Cortegada (Ourense) no momento da presentación da solicitude e debe convivir co/a solicitante da axuda.
2. Que o nacemento fose inscrito no Rexistro Civil de Cortegada.