Inscrición dun Can no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.

Trámite aberto todo o ano
As persoas propietarias de cans considerados como de raza perigosa teñen que inscribilos no concello de residencia do animal, pese a que non sexa coincidente co concello de residencia do propietario do can.
Segundo o Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, considéranse cans potencialmente perigosos aqueles que pertenzan a calquera destes grupos:
- Os que tiveran episodios de agresións a persoas ou ataques de certa entidade a animais ou ás cousas.
- Os que foran adestrados para a garda e defensa .
- Os que manifesten unha marcada agresividade natural ou inducida mediante adestramento, malos tratos ou calquera outro medio.
- Os que pertenzan ás seguintes razas: Akita Inu / American Bully / American Stadfforshire Terrier / Bullmastif / Bull Terrier / Doberman / Dogo Arxentino / Dogo de Bordeos / Dogo do Tibet / Fila Brasileiro / Mastín Napolitano / Pitbull terrier / Presa Canario / Presa Mallorquín (Ca de Bou) / Rottweiller / Staffordshire Bull Terrier / Tosa Inu.
Antes de tramitar a inscrición do can debe tramitar a licenza para a tenza do mesmo.
A quen está dirixido
- As persoas maiores de idade propietarias de cans considerados coma potencialmente perigosos.
Cando facelo
- No momento que se saque a licencia para posuír un animal potencialmente perigoso.
Como facelo
- Preferentemente de forma telemática a través do botón "Tramitar" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Tramitación electrónica |
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican. |
tramitar |
Presencialmente |
Prema no botón para descargar o formulario e siga os pasos que se lle indican. |
descargar |
Documentación requerida
- Documento Acreditativo da Implantación do Microchip e Alta no REGIAC
- Cartilla de vacinación
(datos propietario, vacinas, ...) - Seguro de responsabilidade civil
Póliza de seguro de responsabilidade civil onde se especifique, claramente, que o solicitante figura como asegurado na póliza e que cada animal ten unha cobertura mínima de 125.000 euros, detallando o nome do animal, o microchip e a raza. Este seguro deberase manter vixente para a validez da licenza. - Recibo de pagamento do seguro en vigor
Recibo de pagamento do seguro de responsabilidade civil en vigor. - Licenza municipal
se foi expedida noutro concello.
Observacións
Sancións:
Segundo o disposto no artigo 19 do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia, “en materia de infraccións e sancións rexerá o disposto na lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos e na lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade”.
Entre outras cabe citar que o artigo 13 punto 2 letras b) e c) da lei 50/1999, do 23 de decembro, considera como infraccións graves incumprir a obriga de identificar o animal e omitir a inscrición no Rexistro , tipificadas no punto 5 do devandito artigo con sancións dende 300,51 euros ata 2404,05 euros.
Informar tamén que segundo o estipulado no artigo 20 punto 3 do citado decreto “o órgano competente para sancionar por infraccións graves é o Director Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente”.
Lembre que debe levar o seu can pola rúa ou lugares públicos do seguinte xeito:
- Con bozo axeitado, atado con cadea ou correa non extensible de lonxitude non superior a 2 metros.
- Debe levar a licenza municipal e a certificación acreditativa do animal no rexistro de animais potencialmente perigosos.
- Non pode levar máis dun destes cans ao mesmo tempo.
Prezo
- De balde
Normativa aplicable
Decreto 90/2002 que regula a tenza de animais potencialmente perigosos de Galicia
Corrección de erros Decreto 90/2002
Lei 4/2017, de 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia