Limpeza de terreos e soares

Trámite aberto todo o ano
-
As persoas titulares dos terreos teñen a obriga de mantelos en condicións de funcionalidade, seguridade, ornato público e habitabilidade segundo o seu destino, de conformidade co previsto na lexislación vixente.
A través deste procedemento requíreselles ás persoas titulares dos terreos e soares situados no termo municipal para que realicen as actuacións necesarias para mantelos nas condicións sinaladas na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
A quen está dirixido
- A efectos deste procedemento, e sen prexuízo do que poida resultar do Rexistro da propiedade, a ordenanza municipal de xestión de residuos municipais e limpeza viaria do Concello de Cortegada considera propietarios a quen apareza como titulares catastrais dos terreos.
- Calquera veciño pode denunciar a existencia de solares que non cumpran o disposto na normativa vixente.
Como facelo
- Preferentemente de forma telemática a través do botón "Tramitar" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
-
Tramitación electrónica
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican. NO HABILITADO Presencialmente
Prema no botón para descargar o formulario e siga os pasos que se lle indican. descargar
Documentación requerida
- - Solicitude xeral.
- - Documento Nacional de Identidade
- O solicitante deberá identificar claramente as parcelas cuxa limpeza se solicita con polígono e parcela. Para a indicación destes datos facilítase a seguinte ligazón da sede electrónica de catastro:
- Sede Electrónica do Catastro - Inicio (sedecatastro.gob.es)
Máis información
No caso de que o expediente iníciese por denuncia dun particular, o denunciante terá que indicar a localización exacta do solar e os motivos polo que presenta a súa denuncia.
• Distancias establecidas na Lei de Montes.
• Modelo alegación notificación de requerimento de limpeza.
Prezo
De balde