Licenza de animais potencialmente perigosos

Trámite aberto todo o ano
- Obter licencia para poder posuír un can potencialmente perigoso.
A quen está dirixido
- Calquera persoa física que desexe comunicar o inicio dunha obra.
Cando facelo
No momento que se pase a ser posuidor dun can potencialmente perigoso.
Como facelo
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Tramitar" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Documentación requerida
- Fotocopia compulsada do documento de identidade.
- Fotografía tamaño carné para a súa colocación na tarxeta acreditativa da licenza.
- Certificado de non ser sancionado por infraccións graves ou moi graves da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o Réxime Xurídico da Tenencia de Animais Potencialmente Perigosos. (Lugar de obtención do certificado: Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, Avenida da Habana, 79-5º. Tlf. 988 687 343.
- Certificado de capacidade física e de aptitude psicolóxica, emitido polos directores dos Centros Médico- Psicotécnicos de recoñecemento que estean debidamente autorizados.
- Xustificación da subscrición e formalización para o animal dun seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros, onde se especifique claramente que o animal ten unha cobertura mínima de 125.000 euros. Acreditarase mediante a presentación de copia da Póliza de Seguro ou ben mediante a presentación dun certificado acreditativo da compañía de seguros correspondente.
- Copia do último recibo do seguro.
Certificado de antecedentes penais. Poderá obterse acudindo á Xerencia Terrorial do Ministerio de Xustiza, sito no Parque De San Lazaro, 2 - Ourense ou ven a través da sede electronica https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/tramites/certificado-antecedentes
Prezo
De balde