GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

 

Tarxeta de licenza de Armas de Aire ou Gas Comprimido


Trámite aberto todo o ano

Para poder levar e usar as armas da categoría 4ª fora do domicilio haberán de estar documentadas singularmente mediante tarxeta de armas, que as acompañarán en todo caso.


Categoria 4.1.- Carabinas e pistolas, de tiro semiautomático e de repetición, e revólveres de dobre acción simple, accionadas por aire ou outro gas comprimido non asimiladas a escopetas.


Categoria 4.2.- Carabinas e pistolas, de ánima lisa ou raiadas, e dun só tiro, e revólveres de acción simple, accionado por aire ou outro gas comprimido non asimiladas a escopetas.

 

A quen está dirixido

  • Calquera persoa.

 

Como facelo

  • Preferentemente de forma telemática a través do botón "Tramitar" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

Tramitación electrónica

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.             
tramitar

Presencialmente

Prema no botón para descargar o formulario e siga os pasos que se lle indican.
descargar

Documentación requerida

  • Solicitude de tarxeta de armas de aire u outro gas comprimido
    Só para o caso de tramitación presencial ou por correo

    Fotocopia do DNI
    Só para o caso de tramitación presencial ou por correo

    Factura de compra do arma
    Fotocopia que deberá conter a seguinte información: clase, marca, modelo, categoría, calibre e número de serie.

    Certificado de Antecedentes Penais
    Declaración de boa conducta - Descargar
    No caso de renovación
    Tarxeta co vencemento caducado
    No caso de transferencia entre particulares
    Documento de compraventa ou cesión

 

Prezo

  • De balde

 

Observacións

  • As tarxetas de armas serán concedidas e retiradas, no seu caso, polos Alcaldes dos municipios en que se atopen aveciñados ou residindo os solicitantes, previa consideración da conduta e antecedentes dos mesmos. A súa validez quedará limitada aos respectivos termos municipais.


    As armas incluídas na categoría 4ª.2 pódense documentar en número ilimitado con tarxeta B cuxa validez será permanente.


    Das comprendidas na categoría 4ª.1 soamente poderanse documentar seis armas con tarxeta A cuxa validez será de cinco anos.


    No entanto, a autoridade municipal poderá limitar ou reducir tanto o número de armas que pode posuír cada interesado como o tempo de validez das tarxetas, tendo en conta as circunstancias locais e persoais que concorran.


    Os solicitantes da tarxeta A deberán acreditar cumprir catorce anos de idade, a cuxo efecto haberán de presentar documento nacional de identidade ou documentos equivalentes en vigor.


    En cada impreso poderanse apuntar ata seis armas. Cando se trate de tarxetas B e o número de armas exceda de seis, o interesado poderá ser titular de máis dunha tarxeta.


    Do impreso destinarase un exemplar ao interesado e o segundo será remitido pola Alcaldía á Intervención de Armas e Explosivos da Garda Civil